O Club Montañeiros Celtas apoia aos seus socios na súa práctica deportiva, ofrecéndolle os seguintes servizos:
Excursións, cursos, reunións, campionatos... o calendario anual do Club pasa do centenar de actividades.
O Club dache a posibilidade de anotarte nas actividades organizadas polas seccións deportivas, culturais e sociais, así como polas actividades organizadas polas federacións de Montaña, Mergullo, Espeleoloxía e Esquí.
Podes acceder ao listado completo das próximas Actividades nesta web.
A través do Club poderás facer a ficha federativa das Fed. Galegas de Montaña, Mergullo, Espeleoloxía e Esquí.
Na asociación dispomos de material á disposición dos socios que o precisen, como son:
O Club dispón de tres refuxios para os seus asociados:
Os servizos de información do Club manteñen informados aos socios de actividades, normativas e en xeral todo o necesario para a práctica dos deportes de montaña. Os canais de información máis salientables son: a elaboración dos boletíns informativos, o mantemento do portal web da asociación e a atención directa no local social.
O Club mantén no local un espazo vivo e aberto para os socios: reunións, ceas, exposicións... son algunhas das actividades que acolle. No local atoparedes tamén un rocódromo e unha amplia biblioteca en temas de montaña, ecoloxía e rutas.
O noso horario de oficina é: LUNS, MARTES e MÉRCORES de 19:00h a 21:30h; XOVES e VENRES de 19:00h a 22:00h.