Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

22.01.2011
FALECEMENTO DO NOSO QUERIDO SOCIO CHITO VEIGA

Hoxe día 18 chéganos a triste nova do falecemento do noso querido socio Constacio Veiga Gonzalez.
Chito Veiga para todos os amigos que son moitos o noso club, a súa xenerosidade con todos e en en especial que esta sociedade, sempre estaran na nosa memoria.
Non é momento de enumerar as súas numerosas fazañas deportivas, soamente os que o coñecemos sabemos que estara na nosa memoria a súa calidade como persoa.
Dende o Club queremos dar o pesame á súa familia e acompañalos neste momento dificil para todos.

Nacido en Vigo en 1931
Casado, catro fillos
Socio distingo do do Club Montañeiros Celtas.
Medalla de Ouro do Club Montañeiros Celtas.
Profesor da Escola Española de Alta Montaña e da Escola Galega de Alta Montaña
Miebro de honra do grupo de Alta Montaña
Historial deportivo dende 1945
· Macizos Españois:
Pireneos, cordilleira Cantábrica, picos de Europa, Gredos, Guadarrama, Montes Universais, Cazorla, Antequera, Serra Nevada, montañas de Tenerife e Gran Canaria
· Macizos Europeos:
Alpes Francés, Suízos, Italianos, Austríacos e Iugoslavos, macizos de Laponia e Noruega, Isalandia(volcán Hekla) serras portuguesas
· Asia:
Cordilleiras do Tauro e Líbano (Oriente medio), Damavand, en Irán, Himalaia zonas do Anapurna e Everest
· África:
Cordilleiras do Rif e Grande Atlas, en Marrocos, macizos de Kenya e Kilimanjaro
· América:
Montañas de Groelandia, Macizo costeiro de EE.UU, Andes Peruanos
· Oceanía:
Macizo de Tongariro, en Nova Zelandia
· Galicia:
Máis de catro mil ascensións nas súas montañas, ascensión ás máximas alturas dos seus 315 concellos
· Espeleoloxía:
Exploración de grutas de España, Portugal, Marrocos, Libano e Nova Zelandia
· Desertos:
Travesía polos desertos de África occidental, Marrocos, Libia, Exipto e Irán.




Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net