Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Galería

20.03.2011
Inmersión en Areamilla -Cangas
Despois de nove meses sen mergullarme por fin este domingo retomei o buceo. Otra vez bolboretas no estómago, otra vez as dubidas, otra vez dores de cabeza...parece mentira pasar por todo isto e aínda así querer bucear. Pois si, a pesar de todo compénsame porque me fascina.
O día amenceu resplandecente, ao chegar a Punta Lagoa o ritual de sempre,montar equipos,vestirse...todo normal ata que eu, como sempre coas miñas manías, revisando ata o máis mínimo ruidiño detecto que o regulador perde aire ¡ OH NOOO xa me estou a imaxinar en fluxo continuo! ,así que pido axuda a Angel. Sen problemas cámbiame o regulador e remato de montar.
Ao chegar ao barco facemos grupos, a min tócame con Angel (que alivio, me sinto segura) e con Jose Manuel.
Comeza a inmersión, a visibilidade era excelente, apenas había corrente pero a auga estaba bastante fría ,bueno...eu diría FRIIIIISIMA. Me peguei a Angel como unha rémora, ás veces tanto que non paraba de chocar contra el. Os primeiros minutos paseinos intentando controlar o miña flotabilidade...que se me como a area...que se subo como un globo aerostático..pero ao final me relaxo e gozo.
Peixes moma que parecen sacados do caribe, pelotóns de pintos, polbos tratando de disimular...no debemos parecer moi de fiar con estas pintas aí abaixo, un solitario linguado baixo a area e moito verde baixo o azul. En fin precioso como sempre.
Non quero rematar sen facer especial mención ao minúsculo anaquiño de neopreno que levaba Oscar por dentro do seu traxe novo, foi..IMPACTANTE: Deixando ver os seus abdominais, totalmente provocador, pervirtiendo ao persoal. Bueno agora en serio, paseino estupendo con vosotr@s, sodes estupendos.
Un bico grande e ata a próxima.
Ana Touza



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net