Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Galería

19.02.2011
Mergullo en Vilarinho das Furnas. Peneda -Gerés. PORTUGAL
Vilarinho Das Furnas encóntrase no Parque Natural Peneda-Gerés, é un pobo anegado debido á construción da presa, pero en época de seca pódese pasear a pe polas súas rúas; Cando as augas o cobren, queda sumido nun letargo ao que só podemos acceder mergullando e previo pagamento. Na primeira foto podemos velo case enteiro, na segunda é como nolo encontramos. As paisaxes do entorno, cos seus cumes máis altos nevados, ben merecen a visita.
É unha inmersión asequible si controlamos a flotabilidade, o aleteo e sobre todo aguantamos a temperatura da súa auga, extremadamente fría: 7º. (Na nosa Ría 11º sería moi fría).
Mergullarse entre as súas rúas, accedendo ás casas por portas e ventás, pontes, escaleiras, todo cunha quietude sobrecolledora, fan que a inmersión resulte fantasmagórica, acrecentada pola escuridade a partir dos 12 m e a presenza retorcida dos esqueletos das súas antigas árbores.



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net