Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Galería

20.02.2011
FOTOS ANDAINA POLA PROTECCION DA SERRA DO GALIÑEIRO
ANDAINA REIVINDICATIVA pola Serra do Galiñeiro de hoxe DOMINGO 20 de febreiro foi un éxito rotundo.
Unhas 1400 persoas nun día de chuvia e con néboa circundamos toda a Serra para mostrar o noso máis profundo desexo de protexer este enclave único do sur da provincia de pontevedra.
Un grupo de ciclistas de todas as rías baixas abriron a marcha e destrás cidadáns de Vigo, O Morrazo, a Louriña, o Miñór e de outras bisbarras fixemos o camiño que se quere surcar de aeroxeradores. Grandes cartaces, que oportunamente colocaron os nosos compañeiros montañeiros, mostraron o impacto paisaxístico, acústico e ambiental da pistas e outras infraestruturas que este polígono requiriría.

Antes de volver ao Parque Forestal do Galiñeiro en Vincios, punto de onde partiramos dúas horas e media antes, no vértice xeodésico á 704 metros de altitude, lemos o Manifesto para expresarmos a nosa decidida vontade de defender a serra, emblema de cinco concellos.



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net