Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Galería

31.12.2010
Mergullo Fin de Ano
Ola de novo!
Son Luz Iglesias Araújo.

Todo empezou ben, as coordenadas eran perfectas para chegar ao Porto e o día inmellorable.
Cheguei e encontreime primeiro con Pablo que me contou as súas xeniais experiencias en Thailandia... Un bo comezo do día para poñerme os dentes longos. Logo coñecín a Luci, a pobre quedou sen mergullarse e foi unha pena... Moi mala sorte o da cremalleira e un arranxo que espero que non sexa súper custoso...
Logo foi chegando xente e xente... Incrible! Grupo enorme de xente emocionada para despedir o ano baixo a auga.
Logo Manu, Óscar e eu (a nosa parella de tres) concretamos o noso “briefing” particular que logo trasladamos á outra parella de tres do club.
Óscar grazas por todo o teu apoio loxístico e psicolóxico! Totalmente necesario pra min xa que era a primeira vez que saía convosco
A inmersión foi estupenda... Paseo tranquilo, augas claras, lixeiras correntes que nos balanceaban entre bancos enormes de maragotas e pintos (moi sociables).
Tardei moi pouco en sentirme moi a gusto, os zigzags entre as algas súper reconfortantes, a parella de tres sempre en formación e á espera da parella de tres 2ª.
Algo fresquilla a auga (sobre todo cando non abrochas ben o colo do neopreno... en fin...)
En resumo... Estou á espera de dunha próxima inmersión... Particularmente apetéceme un pecio (aínda non ten coincidido).

Sen máis... unha aperta á División de Mergullo!



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net