Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Galería

19.12.2010
MANTEMENTO DE ESQUÍS,O ENCERADO NA CARPA DE MOCEANDO
MANTEMENTO DE ESQUÍS: O ENCERADO
Moitas veces se terá preguntado por qué en idénticas condicións, ó chegar a unha superficie plana, os seus esquís frean moito antes que os dos demáis; ou por qué outros esquiadores que en principio teñen o mesmo nivel e físico que vostede, son capaces de descender a unhas velocidades moi superiores á súa.
Pois ben, un dos puntos máis importantes que dan resposta a estas cuestións é algo tan sinxelo e prioritario como un correcto encerado dos esquís. Por suposto que hai outras moitas cousas que inflúen no feito de que un esquiador avance máis que outro: o peso corporal, o modelo de táboas que se utilice… pero está comprobado que, nas mesmas condicións de partida, unhas táboas correctamente enceradas sempre alcanzarán de cinco a seis metros máis en superficie chá; algo moi importante sobre todo si pretendemos competir.
Efectivamente, se queremos obter os mellores resultados das nosas táboas ó tempo de garantir a súa duración ó longo do tempo, debemos mantelas sempre en perfectas condicións de encerado; algo moito máis sinxelo do que en principio poidera parecer.




Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net