Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
22.09.2019
DIA: 22/09/2019 LUGAR: Serra do Suído (A Lama) HORA: 09:30 H LUGAR DE INICIO: Gaxate (A Lama) DURACIÓN: 4 H aproximadas. Ruta de bici de montaña de dificultade media-alta polos montes da Serra do Suído no Concello da Lama. Encargaremos comida nun restaurante da zona para aqueles que queiran quedar a comer ao finalizar a saída.
23.06.2019
DIA: 23/06/2019 LUGAR: COTOBADE HORA: 10:00 H LUGAR DE INICIO: Carballedo, en frente ao Concello de Cotobade Ruta de bici de montaña de dificultade moderada polos montes do Concello de Cotobade de 4 horas de duración aproximada. Encargaremos comida nun restaurante da zona para aqueles que queiran quedar a comer ao finalizar a saída.
25.05.2019
DÍA: 25 de maio (sábado) HORA: 10:30 LUGAR: Baños de Molgas (daremos instruccións para chegar ao sitio de saída) NIVEL DE DIFICULTADE: medio Actividade de bici de montaña con percorrido polo concello de Baño de Molgas. A duración do percorrido será de 3-4 horas. Ao finalizar hai a posibilidade de comer na zona (xabarín e outras exquisiteces!!), para o que precisamos que as persoas se anoten con antelación.
28.04.2019
DÍA: 28 ABRIL HORA: 11:00 LUGAR: Hermelo (Bueu). Ao lado do Restaurante "Casa María" DIFICULTADE: Media Actividade de bici de montaña con percorrido circular con saída e chegada en Hermelo. Darase unha volta polos montes da zona, subindo á cruz de Hermelo, entre outros. Ao finalizar, os que se anoten, realizarase unha comida en Casa María (Hermelo). Opción de cocido en Casa María as 15:30 horas. Confirmación antes do 23 de abril.
10.03.2019
BICI DE MONTAÑA: ARMENTEIRA-MONTE CASTROVE Data: 10 de marzo Hora: 9:30 Lugar: Mosteiro de Armenteira Nivel de dificultade: moderada O mosteiro de Santa María da Armenteira é un mosteiro románico de transición, ou protogótico, que pertenceu desde a segunda metade do século XII á Orde do Císter. O roteiro toma como base para a saída e chegada este fermoso mosteiro. Subiremos ao monte Castrove (613 m), percorrendo os bosques de piñeiros que poboan as ladeiras do monte e gozando das fermosas vistas das Rías de Arousa e Pontevedra. O percorrido está en torno aos 30 km e 4 horas de duración, salvando un desnivel de 500 metros. Anímadevos e inscríbidevos a través de este link:
10.02.2019
Ruta ciclo turista circular por Entremuiños, Os Castros, Costa da Vela e Montes do Hío no Morrazo. Data: 10/02/2019 Hora e lugar de saída: As 9:00 da Iglesia do Hío. Chegada no mesmo lugar. Distancia e tempo: 28 Km. 4 horas mais ou menos. Dificultade: Moi fácil con algunha chincheta. Forma física: Moitas ganas de pasalo ben. Material: Bicicleta (non moto) casco e frontal (imprescindible). Observacións: Ruta moi recomendable para forancheir@s e xa sabedes vinde asead@s, ...s e ...s polo que poida pasar. Descrición da ruta: Sairemos as 9:00 da Iglesia do Hío cara o Viso, Limens, Outeiro e Balea onde poderemos tomar un refrixerante no Capri. Seguiremos cara Areamilla, Entremuiños, As Furnas, Santa Marta para acabar na praia de Liméns e comezar a subida a Nerga. Pasaremos por Temperáns e Os Castros para rematar na Praia de Nerga para seguir hasta Viñó onde nos dirixiremos cara Punta Subrido, Melide Punta Robaleira e cabo Home. Unha vez que cheguemos a aldea castrexa de Donón poderemos tomar outro refrixerante para encarar a subida o mítico Monte Facho onde poderemos alabar o noso deus Berobreo. Continuaremos polos montes de Donón e O Hío facendo un forte descenso hasta o Iglesario do Hío onde reporemos forzas aforanchando. Tras asearnos, iremos a un furancho en Chamiceira para repoñer forzas dando conta dun sabroso cocido. O prezo será de 10 euros máis o viño que se beba. Hai que anotarse no club indicando se se vai quedar ó xantar. Data límite o Xoves 7. Agardámosvos!!!
20.01.2019
Saída de Vigo o día 20 ás 8.30 dende o Sanatorio Concheiro. Inicio da ruta en Pexigueiro ás 10. Percorrido: Termas de Prexigueiro -Leiro - Termas de Prexigueiro (circular). Distancia: 35 km. Dificultade: Baixa, imos paralelos ó río Avia. Levar avituallamento para comer en ruta. Ó final da mesma poderemos recuperar do esforzo nas Termas e incluso visitar o Papuxa en Rivadavia.
16.12.2018
DATA: 16 decembro LUGAR: Bembrive (Vigo) SAÍDA: 9:30 desde a Igrexa Románica de Bembrive CHEGADA: en torno ás 14:30 ao punto de saída Para despedir o 2018 propoñémosvos este roteiro que discorre polos montes da parroquia de Bembrive, sendo o punto de saída e chegada a Igrexa románica de Santiago de Bembrive. O percorrido ten, aproximadamente, uns 30 km, sendo de dificultade moderada. Ao finalizar, para quen se anote previamente, degustaremos un cocido con sopa, sobremesa e viño nun furancho da zona (prezo 18euros).
01.12.2018
DATA: 1 de Decembro LUGAR: Ermida das Neves HORA: 09:30 h Ruta de bici de montaña con percorrido circular. Comezando na Ermida das Neves. Será aproximadamente unha ruta de 35km e non será demasiado dura. Ao finalizar hai a posibilidade de comer cachena estofada con setas e castañas no Monte do Castro en Herville. Para iso hai que anotarse previamente. Prezo da comida: 20€ (necesario reservar)
11.11.2018
DATA: 11 de novembro LUGAR: Refuxio Monte Aloia HORA: 10:00 h Coincidindo co magosto social que realiza Montañeiros Celtas no refuxio Aloia estamos a preparar unha actividade de bici de montaña que percorra os montes da contorna do Aloia. A actividade sae do refuxio de Montañeiros celtas no Monte Aloia e percorre 26 km polos montes de Gondomar e Tui, para voltar ao punto de inicio. Ao finalizar a actividade, todas aquelas persoas que se anoten previamente, poderán degustar as ricas viandas que nos terán preparadas no refuxio os nosos compañeiros e compañeiras que están a preparar o magosto.
1 2 3 4 5 6 7 8



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net