Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
21.02.2020
SAÍDA : Venres 21 as 16:30 horas fronte ao local do Club na rúa Camelias. Debedes estar 10 minutos antes co material.(O autobús non espera). CHEGADA AO ALBERGUE: Sobre as 11:00 da noite. VOLTA PREVISTA A VIGO: A volta será o Domingo día 22 ao rematar de esquiar, marcharemos da Estación entre as 16:00 (procurar estar puntuais para non atrasar a saída).Chegaremos sobre as 22:00 h. ao mesmo lugar da saída na Avda. de Camelias, fronte ao Club. PRECIO DO AUTOBÚS: SOCIOS ADULTOS: 30€ SOCIOS INFANTIS: 25€ NON SOCIOS ADULTOS: 50€ NON SOCIOS INFANTIS: 40€ ALOXAMENTO: APARTAMENTOS TONEO – están a pe de pistas, xusto frente a entrada da Estación. Son apartamentos de 6 persoas e teñen cociña: 26€ persona/noite. Non teñen toallas. LÍMITE MÁXIMO NO ALBERGUE: 50 Prazas reservadas con preferencia para as persoas que viaxan no autobús. COMIDAS: Media pensión no Hostal Pico Agujas que está a uns 50 m dos apartamentos: 13€/ persoa (cea e almorzo do sábado) FORFAITS: Encargarémonos de coller os Forfaits para todos os participantes, os asistintes a actividade terán que pagar previamente no club. Para os dous días e SI ALGÚN NON QUERE FORFAIT QUE AVISE. O Forfait inclúe un seguro de accidentes en pista. Ver condicións na páxina da estación. Forfait+ seguro 2 días consecutivo adultos: 47€/persoa Forfait+ seguro 2 días consecutivo infantil (ata 13 anos): 40€/persoa ALUGUER DE MATERIAL:Cada persoa farase responsable do material e do pago do mesmo directamente a empresa de aluger. Equipo completo de esquí (esquís + botas + bastons + casco para os nenos): Gama Básica (suficiente si son de iniciación): 10€ persoa/día Gama Media (aconsejable se xa saben esquiar): 14€ persoa/día Equipo completo de snow (tabla+ botas+ casco para os nenos): 15€ persoa/día CLASES COLECTIVAS DE ESQUÍ/SNOW: 35€+ IVA grupo/hora. Os grupos estarán formados por un máximo de 10 cursillistas que deben ter un nivel de esquí/snow similar. CLASES PARA MENOS DE 3 PERSOAS:Cada persoa ten que anotarse facendo referencia á letra segundo o seu nivel de esquí, e indicará se colle clases o sábado e domingo ou só un día. As clases págaranse alí, en función dos grupos e horas contratadas: 1 persoa: 32€ + IVA grupo/hora 2 persoas: 36€ + IVA grupo/hora 3 persoas: 41€+ IVA grupo/hora A Non esquiou nunca .Só sei deslizar B Freo en Cuña. Fago Xiros en Cuña C Pecho Cuña ao final do xiro. Sei Cravar o bastón D Esquí paralelo con boa neve en pendentes suaves e medias E Viraxes Amplos e curtos en todo tipo de neves. TEMOS QUE RESERVAR AS CLASE CON 15 DIAS DE ANTELACION
22.12.2019
ACTIVIDADE CANCELADA POR FALTA DE NEVE DATA:22 de decembro LUGAR: Estación de esquí de Manzaneda HORA SAÍDA: 08:00 dende Celtas HORA DE REGRESO: 21:00 chegada estimada a Vigo O domingo imos a Manzaneda a practicar foquear e pasar un día divertido. É unha actividade que pretende para aqueles que xa esquían en pista e estean interesados en coñecer o mundo do esquí de Montaña, pero tamén está aberto a todos os que queiran vir, para quentar motores. Dado que a cantidade de material de esquí que temos no Club é limitado, faremos unha xornada de ascensión con esquís e descenso, e tamén unha practica de utilización do ARVA. O transporte será en vehículos particulares. Como sempre dependemos de que Manzaneda teña neve e adoitamos poñer unha data, mantemos o taller, aínda que non faga neve, e aprazámola ata que podamos facela, pode haber uns anos que non se faga e en outros anos que o facemos dúas veces.
21.12.2019
ACTIVIDADE CANCELADA DATA: 21 de decembro HORA:10h LUGAR: Local Club Levamos dende o ano 2006 coa actividade. O sábado quedamos no club, enceramos táboas, revisamos material e repartimos o material que temos no club (sobre 10 equipos) de forma gratuita para aqueles que non teñan, esta actividade se fai aínda que se anule a do domingo. Tocaremos os seguintes puntos: - Limpeza de esquís - Encerado e reparación de raiduras nos esquís - Revisión de fixacións - Comprobar flexibilidade das táboas e revisar os cantos - Revisar as peles de foca - Revisar os bastóns - reparto do material existente entre os participantes na actividade de neve. Prazas limitadas!!
23.02.2019
DATA: 23 e 24 de febreiro (a data pode sufrir variacións en función da existencia de neve) LUGAR: San Isidro (León) SAÍDA : venres 22 as 16:30 horas fronte ao local do Club na rúa Camelias. Debedes estar 10 minutos antes co material.(O autobús non espera). CHEGADA AO ALBERGUE: Sobre as 11: 00 da noite. DATOS DO ALBERGUE: APARTAMENTOS TONEO – están a pe de pistas, xusto frente a entrada da Estación. Son apartamentos de 6 persoas e teñen cociña: 24€ persona/noche LÍMITE MAXIMO NO ALBERGUE: 50 PRAZAS RESERVADAS CON PREFERENCIA PARA AQUELAS PERSOAS QUE VIAXAN NO AUTOBÚS. HORA PREVISTA DE CHEGADA A VIGO:A volta será o Domingo día 25 ao rematar de esquiar, marcharemos da Estación entre as 16:00 (procurar estar puntuais para non atrasar a saída) Chegaremos sobre as 22:00 h. ao mesmo lugar da saída na Avda. de Camelias, fronte ao Club. Máis información no documento adxunto
27.01.2019
DATA: 27 de xaneiro (a data pode sufrir variación en función da neve existente) LUGAR: Manzaneda Próximamente máis información
26.01.2019
DATA: 26 de xaneiro (A data pode sufrir variacións en función da existencia de neve) LUGAR: Local social de Montañeiros Celtas HORA: 10:00 a 14:00h. Quedamos no local social, en Camelias 78 oficina K, ás 10h para desenvolver a xornada anual de encerado e mantemento de esquís, preparando o material de esquí de travesía deixándoo listo para a xornada práctica en neve. Tocaremos os seguintes puntos: - Limpeza de esquís - Encerado e reparación de raiduras nos esquís - Revisión de fixacións - Comprobar flexibilidade das táboas e revisar os cantos - Revisar as peles de foca - Revisar os bastóns - reparto do material existente entre os participantes na actividade de neve. INSCRÍBETE!!!
24.02.2018
DATA: 24-25 de febreiro LUGAR: San Isidro (León) SAÍDA: venres 23 de febreiro ás 16:30 desde Avenida Camelias (en frente ao club) Clásica saída anual de esquí alpino que este ano faremos na estación de San Isidro. Sairase puntualmente o Venres 23 de febreiro as 16:30 fronte ao Club, chegando ao albergue sobre as 23:00. O Club encargarase das reservas do albergue e forfait. O material poderase alugar alí, e tamén se poden coller clases, despois de dous días esquiando, sobre as 16:00 do 25 de febreiro, iniciamos o retorno a Vigo. DATOS DO ALBERGUE: LA MINA - Restaurante - Hotel -Albergue - Ctra. San Isidro 331, Km 6. Puebla de Lillo (León) Tlf.: 987 731 196 - 987 731 193 PREZOS: O prezo do albergue (2 noites, 2 almorzos e 1 cea) é de 53 € Forfait: Adultos 47€, infantil 40 € (2 dias) Autobus: Socios: adultos 29 €, infantís 25 € Non socios: adultos 49 €, infantís 40 € Prezo total actividade (inclúe albergue, forfait e autobús): Socios: adultos 129 €, infantís 118 € Non socios: adultos 143 €, infantís 133 € Aluguer de equipo e clases: consultar documento anexo
17.02.2018
DATA: 17-18 de febreiro LUGAR: Torrebarrio (León) SAÍDA: saída venres pola tarde CHEGADA: 21:00 h a Vigo Actividade esquí de montaña, dirixida a deportistas federados que teñan experiencia neste deporte. Irase en vehículos particulares, con chegada o venres para durmir. O sábado 27. Torrebarrio 1243m – El Ronzon 1937m. Peña Ubiña 2411m. Descenso cara SO 38º. AD- (5:30 horas). O Domingo 28. Majada del Arca 1660m -Pico Colines 2205 m. Descenso por el Valle de La Pierna 35º. PD- (5 horas)
03.02.2018
DATA: 3-4 de febreiro LUGAR: Villablino (León) SAÍDA: saída venres pola tarde CHEGADA: 21:00 h a Vigo Actividade esquí de montaña, dirixida a deportistas federados que teñan experiencia neste deporte. Irase en vehículos particulares, con chegada o venres para durmir. O sábado 05. Lumajo 1.370 m. El Cornon 2.186 m. - Muxiven 2.026 m. Lumajo. PD+ (7 horas). O Domingo 04. Torrestio 1370m. Alto de la Farrapona 178 m. Peñas Trespando 1984m. Majada de la Calacazosa 1770m. Peñas Trespando 1984m. Canal NE 45º (primeros metros) Ptos Trespando - Torrestio AD- (4 horas)
28.01.2018
DATA:28 de xaneiro LUGAR: Estación de esquí de Manzaneda HORA SAÍDA: 08:00 dende Celtas HORA DE REGRESO: 21:00 chegada estimada a Vigo XA NON QUEDAN PRAZAS Dado que a cantidade de material de esquí que temos no Club é limitado, faremos unha xornada de ascensión con esquís e descenso, e tamén unha practica de utilización do ARVA. Actividade destinada a socios sen experiencia e interesados en achegarse ao esquí de Travesía, pero que xa esquíen en pista, aínda que sexan principiantes. O transporte será en vehículos particulares. A actividade iniciarase sobre as 10:00 da mañá na estación de esquí de Manzaneda, farase un percorrido pola estación Manzaneda. As practicas a realizar son: • Poñer e quitar peles de foca. • Calzado e descalzado de esquís. • A trazada. • Volta progresiva. • Volta maría ao monte. • Utilización de alzas. • Baixada con peles de foca.
1 2 3 4 5 6



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net