Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
02.10.2021
DATA: 2 de outubro HORA DE SAÍDA: 8H00 LUGAR: ROCOLUGO O vindeiro 2 de outubro faremos unha saída ao rocódromo de Lugo (RocoLugo). Esta actividade está aberta a todos os que queirades probar o muro de velocidade, de dificultade e pasar o día escalando en compañía doutros membros do Club. Haberá voluntarios do club para axudar a quen o necesite. A saída será ás 8h da mañá en autobús dende o Club con parada en Concheiro e a saída de Lugo está prevista ás 19h30.
06.06.2021
DATA: 06 de xuño HORA COMEZO ACTIVIDADE: 11h (desprazamento en coches particulares) LUGAR: Oia PRAZAS LIMITADAS Debido ás restricións no Barbanza, vémonos na obriga de cambiar o lugar da actividade a Oia. É obrigatorio ter a licenza en vigor, así coma experiencia/ autonomía na escalada e levar o seu equipamento completo.
25.04.2020
DATA:25 de Abril LUGAR: Rocódromo de Pontevedra HORA: 09h00 DATA: 26 de Abril LUGAR: Galiñeiro HORA: 09h00 Curso no que desenvolven as técnicas sobre a planificación de actividades, orientación, primeiros auxilios, aplicacións gps/rescate, solventar situacións comprometidas de emerxencia con protocolos de actuación, vivacs de fortuna, etc. Duración: 16h Mínimo de prazas para realizar o curso: 8 Máximo de prazas: 12 O prezo é de 60€ por persoa e módulo.
04.04.2020
DATAS: 4 de abril LUGAR: Rocódromo Club HORA: 9h DATAS: 5 de abril LUGAR: Galiñeiro HORA: 9h Os socios que realizaron o ano pasado os módulos de iniciación, xa vos podedes anotar ao primeiro módulo de perfeccionamento de escalada: Metodoloxía do adestramento. Mínimo de prazas para realizar o curso: 8 Máximo de prazas: 12 O prezo é de 60€ por persoa e módulo.
21.03.2020
DATA: 21de marzo LUGAR: Rocódromo de Pontevedra HORA: 09:00 DATA: 22 de marzo LUGAR: Galiñeiro HORA: 09:00 Curso no que desenvolven as técnicas básicas de autorescate, métodos de fortuna que podemos utilizar na escalada. Desenvolvemento de manobras, así coma material de fortuna que podemos utilizar. Duración: 16h Mínimo de prazas para realizar o curso: 8 Máximo de prazas: 12 O prezo é de 60€ por persoa e módulo.
15.02.2020
DATAS: 15 e 16 de febreiro LUGAR: Faro de Budiño HORA: 09:00 Curso no que se desenvolven as técnicas de progresión da escalada limpa de autoprotección, vendaxes, luvas, explicación de material e o seu mantemento, diferentes técnicas de empotre. Duración: 16h Mínimo de prazas para realizar o curso: 8 Máximo de prazas: 12 O prezo é de 60€ por persoa e módulo.
18.01.2020
DATA: 18 de xaneiro LUGAR: Faro de Budiño HORA: 9:00 DATA: 19 de xaneiro LUGAR: Galiñeiro HORA: 9:00 Curso no que se desenvolven as maniobras básicas para progresar sobre percorridos de varios largos equipados, vías de deportiva de varios largos con reunións intermedias. Maniobras básicas, montaxe de reunións, rapel, etc. Duración: 16h Mínimo de prazas para realizar o curso: 8 Máximo de prazas: 12 O prezo é de 60€; por persoa e módulo.
07.07.2019
DIA: 7 de Xullo LUGAR: Rocódromo do Club HORARIOS: - 09:00 a 10:30: Categoría de Invitados - 11:00 a 14:00: Adultos categoría feminina e masculina O Open será estilo ronda americana (todos competimos á vez, podendo ver o que fan os nosos compañeiros). Non haberá finais, o que realice o maior número de pasos de bloque no menor número de intentos será o gañador. Haberá pasos de tódalas dificultades para que todo o mundo poida participar e disfrutar.
09.06.2019
LUGAR: Refuxio do Monte Galiñeiro HORA: 10H · O club pon todo o material só tendes que levar roupa cómoda, roupa de abrigo, gorra, protección solar,e a cómida e auga para todo o día. · Os socios que non teñan licencia terán que pagar 3€ a maiores para o seguro de un día, e os non socios 5€ Precio actividad son: Socios: 6€ no socios 12€ LÍMITE 20 PRAZAS
02.03.2019
DATA: 2 de marzo LUGAR: Pavillón Municipal de Travesas. Pista Vermella HORARIO: 9H. receción de participaantes 9:30h comenzo da competición 14:30h estimación remate De novo convocamos para un Open de escalada para menores de 18 anos, en varias categorías, onde poderán participar nenas e nenos dende os 3 anos en Promoción e tamén haberá competición para nenas e nenos, mozas e mozos de 12 a 17 anos que andan metidos no mundillo da escalada, para socias e socios de Montañeiros Celtas e de calquera outro club de Galicia. Categorías: - Prebenxamín (2012-2013) - Benxamín (2010-2011) - Alevín (2008-2009) - Infantil (2006-2007) - Cadete (2004-2005) - Xuveníl (2002-2003) Data límite de inscrición: 27 de febreiro Inscrición só a través da web de Montañeiros Celtas: celtas.net Non esquezades mandar a autorización de menores que adxuntamos Participa!!!
1 2 3 4 5



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net