Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
18.09.2010
Xa está a lista aberta para que vos apuntedes a esta actividade!! Coma sempre, podedes facelo a través de teléfono, fax, mail ou pasando polo local social. Aproveito pra informarvos de que esta actividade é organizada polas seccións Infantil e Xuvenil, polo que poden participar rapaces entre 8 e 16 anos. Máis información no adxunto. Estamos agardando por vós!!
19.06.2010
A Federación Galega de Montañismo porá a disposición dos deportistas un autobús con saída da Praza de España ás 16h do sábado 19 de xuño, cun prezo de 10€ que haberá que facer efectivo no club antes do vindeiro 15 de xuño.
22.05.2010
Saída sábado ás 9.00 dende o Club, Chegada o domingo ás 21.00 ao Club. · Iremos en bus ata o cáming Fragas do Eume, en Monfero. · Faremos o tradicional concurso de cociña · Camiñaremos polos arredores do Mosteiro de Caaverio · Pasaremos o día na Fraga, coñecendoa e xogando
15.05.2010
Saída sábado ás 11.00 dende o Club, Chegada o domingo ás 20.00 ao Club. · Iremos en autobús urbano ata o alto da Garrida. · Camiñaremos ata o Aloia, parando para xogar e xa ntar · Faremos unha charla sobre orientación · Faremos sendeiros polas rutas arredor do noso Refuxio, onde durmiremos
08.05.2010
Saída sábado ás 10.00 dende o Club, Chegada o domingo ás 21.00 ao Club · Iremos ao cámping de Leiro Grande en bus. · Faremos a ruta de Pena Corneira ata o parque Forestal do mesmo nome. · Teremos unha charla sobre montaxe de tendas e aprederemos como facer unha mochila. · Darémonos un chapuzón na praia fluvial. · Observaremos estrelas e xogaremos. · Coñeceremos a vila de Leiro
20.02.2010
Comeza o “coñece Vigo” no noso club, una serie de 3 saídas polo noso entorno mais próximo. Sabemos que xa sodes case montañeiros expertos e que moitos de vos coñecedes moi ben os camiños e sendeiros da nosa zona, pero sempre e bonito e interesante coñecer e comprender os pequenos grandes lugares que nos rodean. As saídas serán dun so dia de duración, nelas patearemos, visitaremos lugares milenarios e máxicos e con centos de lendas o seu redor, coñeceremos un pouquiño mellor a natureza e os animais que son os nosos veciños, e tamén teremos algunha que outra sorpresiña. Primeira delas vai ser polos montes de Bembrive o 20 de febreiro, nela visitaremos con sorte un muíño a pleno funcionamento. O 10 de abril faremos un percorrido pola ruta dos petróglifos, unha parte do gran sendeiro das greas, onde nos “empaparemos” de cultura castrexa e faremos un pouco o celta. A ultima saída será pola rota do Lagares, na que descubriremos as pequenas marabillas que podemos atopar na beiras dos camiños. Como a faremos 9 de outubro, o outono marcara esta xornada coa súa beleza. Nesta serie de saídas podedes elixir inscribirvos a todas elas xuntas, a partires de febreiro, ou so a algunha delas. En calquer caso so abonaredes o prezo das saídas as que vaiades.
1 2 3 4 5 6 7 8 9



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net