Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
22.04.2012
Boas tardes rapaces e rapazas!!! A próxima saída que temos prevista é para o 22 de abril no Monte Alba. Hora de saída: 09:45 dende o Club Chegaremos o Club as 20:15 aproximadamente. É necesario levar unha mochila de ataque coa comida para ó día, algo para picar, auga, gorra, crema protectora. Tamén é importante que levedes roupa cómoda (mellor que non sexan pantalóns vaqueiros) calzado cómodo, para camiñar, correr... O prezo son 4€ para os socios e 8€ para os no socios. Descripción: Coa chegada do bo tempo imos facer unha ruta polo Monte Alba e polo Cepudo percorrendo as sendas e observa a natureza nacente nesta época coa fauna autóctona da montaña. Tamén poderemos observar todo o que abarca a comarca de Vigo. Faremos xogos ambientais e pasaremolo moi ben!!!! A lista xa esta aberta podedes anotarvos a partir de hoxe e ata o xoves 19 de abril.
28.01.2012
Lembrando o anterior ano que fomos a Trevinca, miraremos a forxa e faremos pan coa señora Maria. Dormiremos no refuxio da federación e faremos xogos nocturnos se o tempo acompaña. Ao día siguiente faremos unha marcha tentando atopar a tan agardada neve e xantaremos polo camiño para á tardiña coller o autobús que nos traerá de volta a vigo. Saída: Sábado 28 ás 09:00h Chegada: Domingo 29 ás 21:00h Lugar: Club Montañeiros Celtas Socios: 45,00€ Non socios: 55,00€ Inclúe:Bus, aloxamento, cea e almorzo. Imprescindible: Autorización do pai /nai Licencia Federativa O QUE HAI QUE LEVAR: -Gorra -Calzado e roupa de reposto -Chuvasqueiro -Botas -Cantariño, prato e cubertos -Cantimplora -Roupa de abrigo -Lanterna -Saco de durmir e esterilla -Mochila de carga (grande) -Mochila de ataque (pequena) Alimentación: A organización encargarase de aportar a cea e o almorzo. polo que só hai que levar: -comida do sábado -comida do domingo -Algo para picar nos percorridos Recomendamos: bocatas, milanesas, empanadillas, froita que aguante, chocolate,etc. Alimentos que resulten apetecibles e do gusto dos rapaces. Aseo: É recomendable levar un neceser con xabón, toalla, cepillo e pasta de dentes... Non esquecer a medicación necesaria, de estar a tratamento (indicalo na ficha) ALOXAMENTO: “Refuxio Roxelio Pereira Muiño” O Club Montañeiros Celtas resérvase o dereito de anular ou pospoñer as actividades por falta de participantes ou por causas alleas á organización.
18.11.2011
Quedades convidados todos os benxamins xunto aos vosos pais/nais/titores legales ao acto de clausura da Operación Benxamín 2011 que se celebrará o venres 18 ás 20 h no local social do Club Montañeiros Celtas. Agardámosvos!!
12.11.2011
Saída 9.30 dende Estación Marítima Regreso 19.00 á Estación Marítima Realizaremos a Ruta da Fraga dende Moaña, descubrindo o ecosistema costeiro e faremos o noso concurso de cociña.
05.11.2011
Saída 9.30 dende o Club Regreso 19.00 o Club. Ruta en Bici de Montaña, gabearemos polas paredes, faremos a ruta dos petroglifos e aprenderemos cousas dos nosos antepasados
22.10.2011
aída 10.00 dende o Club Regreso 19.00 ó Club. Xogaremos como piratas para atopar o tesouro escondido, correremos dun xeito diferente e aprenderemos o uso dun mapa e dun compás.
14.10.2011
Club Montañeiros Celtas leva anos adicado á difusión do deporte da Montaña e da Natureza. Coa Operación Benxamín pretendemos que os rapaces aos que vai dirixido, de entre 8 e 16 anos, poidan introducirse ou lembrar, as diferentes modalidades deportivas que actualmente se desenvolven no noso club da man de monitores con experiencia. Pretendemos ensinar o respecto ao Medio Ambiente, acompañado da introducción a unhas modalidades deportivas que non son competitivas. A traxectoria da Operación Benxamín vén avalada polos anos dedicados aos nenos, e así esta será a XLIV edición. PROGRAMA BÁSICO: Venres 14 de outubro ás 20h: presentación no local social do Club -22-23 outubro – MONTE ALOIA Saída 10.00 dende o Club Regreso 19.00 ó Club Xogaremos como piratas para atopar o tesouro escondido, correremos dun xeito diferente e aprenderemos o uso dun mapa e dun compás -5-6 novembro – SERRA DO GALIÑEIRO Saída 9.30 dende o Club Regreso 19.00 o Club Ruta en Bici de Montaña, gabearemos polas paredes, faremos a ruta dos petroglifos e aprenderemos cousas dos nosos antepasados -12 novembro – CANGAS DO MORRAZO Saída 9.30 dende Estación Marítima Regreso 19.00 á Estación Marítima Realizaremos unha ruta polos arredores de Cangas, descubrindo o ecosistema costero e faremos o noso concurso de cociña. CLAUSURA: 18 de novembro ás 20h A clausura farase no local social. Farase un balance das actividades, con exposición de fotografías. PREZO DE TODO O CURSO: Socios: 55 EUROS (Dous irmás socios: 45 EUROS cada un) Non socios: 65 EUROS IMPORTANTE A TER EN CONTA : 􀂉 É imprescindible levar ROUPA E CALZADO DE REPOSTO (por se nos mollamos). 􀂉 CHUVASQUEIRO debe levarse sempre, aínda que faga bo tempo. 􀂉 NON LEVES COUSAS COLGANDO polo exterior da mochila, podes perdelas ou rompelas. 􀂉 ALIMENTACIÓN. DEBES LEVAR AS COMIDAS DE TODOS OS SÁBADOS E DOMINGOS, TAMÉN ALGO PARA PICAR NAS ACTIVIDADES. 􀂉 OS ALMORZOS E AS CEAS CORRERÁN A CARGO DA ORGANIZACIÓN. (O neno/a que non poida tomar leite terá que INDICALO NA FICHA MÉDICA). 􀂉 Cando escollas a COMIDA lembra que na Montaña debe ser alimenticia, de doada dixestión, APETECIBLE e fácilmente transportable. Por exemplo: tortilla de patacas, bistés empanados, pescado frito, empanadillas, sandwichs ou bocadillos, CHOCOLATE, FROITOS SECOS, GALLETAS, queixo e froita QUE AGUANTE. 􀂉 Aseo. É recomendable levar un neceser con xabón, toalla, cepillo e pasta de dentes... E Non esquecer a medicación necesaria, de estar a tratamento. 􀂉 Non se pode levar móbil, aparellos de música, videoxogos e similares. IMPRESCINDIBLE POSESIÓN DE LICENCIA FEDERATIVA DA FGM EN VIGOR, E AUTORIZACIÓN PATERNA. Máis información e inscripción no localsocial do club Montañeiros Celtas.
05.02.2011
Saída dende Celtas as 09:00 o 5 de febreiro Chegada as 21:00 o 6 de febreiro ao local de Celtas. Prezos socios 36€ Prezo non socios: 54 Prezo federados non socios: 45€ Xa podes pasarte polo club para anotarte!!!
22.12.2010
Con motivo das festas navideñas, o mércores por a tarde se fará unha gran chocolatada para os nenos no local social do club de 19:30 a 22:00h
27.11.2010
Saírase as 10:00 horas dende praza Urzáiz (entrada rúa Principe) e Chegarase á estación de tren de Vigo ás 18:00 horas. Subiremos na línea 9 de Vitrasa ata o monte da Madroa onde nos dirixiremos ao Zoo para realizar unha visita guiada, continuaremos co sendeiro que nos leva ata Redondela, parando na metade do camiño para facer o magosto nun merendeiro e continuar posteriormente coa andaina, para finalmente regresar en tren ata Vigo. Os rapáces deberán levar a súa comida e roupa de abrigo. Prezo: 5 € Socios 6,5 € non socios federados 7,5 € non socios
1 2 3 4 5 6 7 8 9



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net