Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
28.04.2013
a nosa seguinte saída será o día 28 de abril. Sairemos do Club ás 9:30h. Iremos ó alto da Forca (Porriño - Salceda) e dende alí faremos unha ruta ata Faro Budiño (Salceda). En Faro Budiño escalaremos nunhas rochas sinxelas e interesantes. Xa logo percorreremos a zona para ollar vivacs naturais e paisaxes características e espectaculares. A hora de regreso será ás 20h no Club. Hai que levar a comida do día, algo para picar e auga. Roupa cómoda, botas de trekking -se tendes pés de gato, levádeos- visera e protector solar.
16.03.2013
Xa está aquí a primavera e iso se nota ó noso redor, e especialmente o podemos ver no medio das montañas. Para poder comprobalo, que vos parece se imos ós Ancares o fin de semana do 16 e 17 de marzo? Pois se vos apetece xa sabedes, cubride a autorización, anotádevos na lista do Club e ide preparando as mochilas. Que debedes levar? Pois o habitual: mochila grande para levar todo o material e unha mochila de ataque para as saídas, saco de durmir, útiles de aseo, roupa de abrigo (non esquezade-las luvas, gorro e bufanda porque ó mellor vai fresquiño) chubasqueiro, roupa cómoda (non traiades pantalóns vaqueiros) roupa de reposto, botas de montaña ou calzado de trekking. Importante: crema solar, gorra e cantimplora. Tendes que levar a comida do sábado e do domingo, o resto irá a cargo do Club. Durmiremos nun albergue, así que non fai falla levar esterilla. A data tope para inscribirse será o xoves 14 de marzo. O prezo da actividade volo comunicaremos a semana próxima. A que esperades para anotarvos?!
24.02.2013
Info na oficina do club ou e info@celtas.net ou ven chamando ao 986 43 85 05.
15.07.2012
Iremos ata o río Lérez e alí percorreremos un pequeno sendeiro cheo de pontes medievais e ollaremos o típico bosque húmido de Galicia. Faremos xogos e se fai bo tempo deremonos un chapuzón na beira do río. · MATERIAL NECESARIO: Botas e botas de reposto, bañador, toalla, protección solar, gorra, auga, comida e algo de picar para o día, roupa cómoda, e se fai mal tempo cambiamos o bañador polo chuvasqueiro… Hora saída: 09:00 horas dende Celtas Hora chegada: 20:00 hora a Celtas O prezo do bus son 9€ Xa está o listado aberto, a fecha tope para anotarse é o 12 de xullo, animádevos a vir que é a última saída antes das vacacións!!!!!
08.06.2012
A Operación Benxamín chegou o seu final, ¡¡É unha mágoa!!, pero… as cousas boas tamén teñen o seu remate. Pero… o vindeiro venres 8 de xuño as 8 da tarde no Club, pasaremos unha montaxe coas fotografías que fixemos, para lembrar os mellores momentos, as anécdotas, as actividades realizadas, e como sempre daremos os premios do tradicional concurso de cociña. Vinde!!! Non o esquenzades!!!
02.06.2012
2-3 de Xunio, en Tirán (Moaña). Faranse diferentes actividades entre elas: kayac, visita a unha cova en Tirán e para rematar, o tradicional concurso de cociña da Operación Benxamín.
26.05.2012
26 E 27 DE MAIO nos iremos ata Trevinca (Ourense) para facer o seguinte: 1. Ruta de media montaña no Val de A Ponte. 2. Visita ó Pobo da Veiga para ver como facían pan os nosos antepasados. 3. Ruta dos Lagos. 4. Ruta nocturna nos arredores do lugar onde se durme. Hora de saída: 26 de maio as 09:15 horas dende Club Montañeiro Celtas. Hora de chegada: 27 de maio as 20:00 a Club Montañeiros Celtas. NON ESQUZADES LEVAR!!! 1. Roupa cómoda e calzado de reposto, chuvasqueiro, roupa de abrigo. 2. Un neceser para o aseo persoal, levar tamén unha toalla, e para Moaña bañador. 3. As comidas, algo de picar e beber. Cantariño e para o Galiñeiro prato e cubertos. 4. Gorra, protección solar, linterna e cantimplora. 5. Saco de durmir e esteiro. 6. Unha mochila grande con todo o necesario e unha pequena de ataque. 7. Os almorzos e ceas correran a cargo da organización O úlitmo día para anotarse é: Se tes a licencia federativa o 03 de maio Se non tes a licencia federativa o 30 de abril, asi que si non a tes apura!!!
12.05.2012
12 E 13 DE MAIO esta vez iremos ó Galiñeiro no bus urbán, faremos as seguintes actividades: 1. Ruta de sendeirismo pola Serra do Galiñeiro. 2. Charlas introductorias sobre escalada e material e despois escalada con diferentes dificultades. 3.Ruta coa plataforma en defensa do Galiñeiro, pero non acabaremos a ruta con eles senon que será unha ruta alternativa. 4. Recoñecemento de estrelas pola noite, se o tempo o permite e xogos de media noite. Hora de saída: 12 de maio as 09:15 horas en Club Montañeiros Celtas Hora de chegada: 13 de maio as 20:15 horas en Club Montañeiros Celtas NON ESQUZADES LEVAR!!! 1. Roupa cómoda e calzado de reposto, chuvasqueiro, roupa de abrigo. 2. Un neceser para o aseo persoal, levar tamén unha toalla, e para Moaña bañador. 3. As comidas, algo de picar e beber. Cantariño e para o Galiñeiro prato e cubertos. 4. Gorra, protección solar, linterna e cantimplora. 5. Saco de durmir e esteiro. 6. Unha mochila grande con todo o necesario e unha pequena de ataque. 7. Os almorzos e ceas correran a cargo da organización O úlitmo día para anotarse é: Se tes a licencia federativa o 03 de maio Se non tes a licencia federativa o 30 de abril, asi que si non a tes apura!!!
05.05.2012
5 E 6 DE MAIO Iremos en barco a Moaña e alí faremos as seguintes actividades: 1. Un sendeiro por Domaio: Sendeiro a Poza da Moura. 2. Actividade de Kaiak de mar en porto deportivo. 3. Visita as covas de Tirán 4. E tamén faremos charlas introductorias no coñecemento de supervivencia na montaña, comida, roupa... 5. Non esqueceremos de facer xogos e actividades nocturnas. Hora de saída:5 de maio as 09:45 horas dende a estación marítima de Vigo Hora de chegada: 6 de maio as 20:15 horas na estación marítima de Vigo NON ESQUZADES LEVAR!!! 1. Roupa cómoda e calzado de reposto, chuvasqueiro, roupa de abrigo. 2. Un neceser para o aseo persoal, levar tamén unha toalla, e para Moaña bañador. 3. As comidas, algo de picar e beber. Cantariño e para o Galiñeiro prato e cubertos. 4. Gorra, protección solar, linterna e cantimplora. 5. Saco de durmir e esteiro. 6. Unha mochila grande con todo o necesario e unha pequena de ataque. 7. Os almorzos e ceas correran a cargo da organización O úlitmo día para anotarse é: Se tes a licencia federativa o 03 de maio Se non tes a licencia federativa o 30 de abril, asi que si non a tes apura!!!
27.04.2012
El 27 de Abril a las 20.00. en el Local de Montañeiros Celtas, se presentará oficialmente la XLV Operación Benjamin. Su objetivo principal es promover entre los niños y niñas de entre 8-15 años, conocimiento básicos de escalada, senderismo, orientación, campismo....todo ello enfocado desde el juego y la diversión. Se desarrollará durante tres fines de semana de Mayo: 5-6; 12-13 y 26-27. Dependiendo de las actividades se realizarán en diferentes zonas de la geografía de Galicia. Os iremos informando próximamente.
1 2 3 4 5 6 7 8 9



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net