Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
01.02.2014
Este mes realizaremos unha saída diferente ao que estivemos a facer nos últimos meses: -Visita ao parque arquelóxico de Campo Lameiro (Pontevedra), onde poderemos observar unha gran cantidade de petroglifos e a recreación de como vivían os nosos antepasados da Idade de Bronce. -Pola noite iremos ao observatorio astronómico de Cotobade (Pontevedra) para observar as estrelas e descubrir os grandes segredos do Universo. Saída do Club: 10:00 da mañá Chegada ao Club: 22:30 Prezo: Pendente En caso de que haxa mal tempo para observar estrelas, buscaríase outra data para poder realizala. Pero o sábado 1 realizaríase unha actividade, informaremos a semana que vén (a partir do 28 de xaneiro)
19.01.2014
A primeira actividade do ano xa está aquí...é o próximo día 19 de xaneiro e... onde? Pois nada menos que a Cabeza de Manzaneda (Ourense). Pasaremos un día rodeados de neve, a ver se é posible, e gozaremos dun pequeno recorrido para coñecer a zona. Y ... como non!! Xogaremos coa neve facendo bonecos, deslizándonos sobre ela, tirándonos bólas, en fin!! Xa o supoñedes, non?. Saída: Dende o club ás 8.15 Regreso: 19.30 Prezo 16 €, irase en autocar ata completar prazas. Hai que levar: Comida para o día e algo de picar. Roupa de abrigo (moi importante, porque pode facer moito frio), roupa para cambiarse despois por se vos mollades, gorro, bufanda, luvas, lentes, protección solar, protector labial e sobre todo moitas ganas de pasalo ben. Último día para anotarse o xoves 16.01.2014 Se algún socio quere compartir autobús para achegarse ata Manzaneda non hai ningún problema ata completar prazas. Iso se, unha vez alí, se irá por libre, non virá á actividade coa sección infantil. NOTA IMPORTANTE: En caso de que non se reúna un grupo mínimo para poder fretar o autobús, realizarase unha actividade alternativa polos arredores de Vigo. Informarase se fose necesario. Venga pequenos, non perdades tempo e anotarvos.
10.11.2013
Faremos unha ruta bastante interesante, iremos dende o refuxio do Galiñeiro (creo que coñecido por todos e que gardades boas lembranzas de escalada), hata o refuxio do Monte Aloia. Lembrade que o Monte Aloia é o primero parque natural de Galicia, e… ¿Cómo iremos? Pois..lóxicamente andando, pero ¡¡acougade!! é unha ruta curta de aproximadamente uns 12 km, moi sinxela e sen demasiados desnivéis. Durante o percorrido pasaremos por fragas de pinos e eucaliptos, cunhas vistas espectaculares (sempre e cando a néboa nolo permita ver), poderemos observar a Ría de Vigo, o Val Miñor, Baiona, Tui…incluso poderemos ver restos prehistóricos. E cando cheguemos ao Aloia poderáse ver a outra beira portuguesa do Miño. Non séi se saberedes que na antigüedade o monte Aloia foi testemuña muda de batallas pola posición tan estratéxica onde se atopa, os historiadores o identifican co Monte Medulio, e segundo a lenda os galaicos resistiron heroicamente a invasión romana, prefirindo o suicidio colectivo ao sometemento ou á escravitude. Así, que si estades animados anotade nas vosas axendas: Día: 10 de Novembro, domingo Hora saída: 9.30 da mañá na parada de bus fronte ó Club Hora de chegada: 19.00 na parada de bus fronte ó Club Hai que levar: A comida nunha mochila de ataque e algo para picar durante o camiño e non esquezáde-la auga. Roupa: Cómoda (NON levedes pantalóns vaqueiros) e que sexa de abrigo, calzado de trekking (botas preferiblemente xa que o terreo estará húmedo), chubasqueiro, gorro, e para os máis frioleiros lubas. Prezo: Iremos en coches (confirmaráse o día da saída) DERRADEIRO DÍA PARA ANOTARSE 7 DE NOVEMBRO ÁS 21:00 HORAS. Adxuntamo-la autorización paterna para que a cubrades e nola entreguedes. ¡¡Agardámosvos!!
28.09.2013
Durante a fin de semana percorreremos os arredores da zona e xa pola noite, sempre e cando o tempo non nolo impida observaremos as estrelas coas explicacións de profesionais na materia.
14.07.2013
APRAZADA PARA O 21 DE XULLO Ruta polo sendeiro do rectoral de Fofe (Covelo) Pontevedra. No traxecto poderemos ollar: os bosques da ribeira do nacemento do río Tea que amosan a súa riqueza natural, e ponte romana de Fofe, probablemente de época medieval, que permite gozar dende o alto das vistas das piscinas naturais do río. Para rematar o día, terminaremos na praia fluvial de Maceira. Saída ás 9:30 dende ó club e chegada ó mesmo sitio pero as 20:00 h APRAZADA PARA O 21 DE XULLO
30.06.2013
Día 30 de xuño: Ruta polo sendeiro litoral da Guarda, terminando na praia, onde se o tempo o permite faremos xogos e nos bañaremos nas frescas augas do mar Atlántico. Saída as 9:30 dende ó club e chegada ó mesmo sitio pero as 20:00 h.
07.06.2013
Clausura da Operación Benxamín no club ás 20:00 h, haberá unha proxección das fotografias dos tres fins de semán: Illas Cíes, Serra do Xurés e Monte Galiñeiro, tamén se sabrá o gañador do concurso de cociña e moitas sorpresas.
01.06.2013
Terceira actividade da Operación Benxamín 2013. Información próximamente.
25.05.2013
Segunda actividade da Operación Benjamín 2013. Información próximamente.
11.05.2013
Primeira actividade da Opeeración Benxamín 2013. Información próximamente.
1 2 3 4 5 6 7 8 9



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net