Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
14.12.2014
A ruta do río Eifonso PR-G5 é un paseo natural de curto percorrido por bosques autóctonos cheos de vexetación, muíños e ermidas. Hai que levar a comida de día, roupa cómoda, botas de trekking, chubasqueiro, e roupa seca para cambiarse ao rematar a ruta. Saída dende o club: 10.30h Chegada:18.30h
19.10.2014
Hora saída: 10 horas dende Montañeiros Celtas Hora chegada ás 19 horas Pasaremos pola carballeira dos Martices, veremos varios muíños, ponte e fonte. Zona que se chove pode ter abundante auga no camiño, asi que esperemos que non chova, pero que asi é a aventura. Destaca o Foxo do Lobo que lle dá nome, en aceptable estado de conservación e considerado o máis antigo de Galicia polos documentos que a el fan referencia. Tamén é importante o río Almofrei, que a ruta segue durante boa parte do traxecto e que se cruza na Ponte Serrapio, situada no medio dun enorme bosque autóctono. Confirmade a vosa asistencia pasando polo Club, chamando por teléfono o 986 438 505 ou enviando un correo electrónico a info@celtas.net A actividade realizarase en coches
13.07.2014
Actividade: Ruta Picoña-Castelo de cans Para todos os nenos da sección infantil Saída 13 de Xullo Hora: 9.30 dende o Club Chegada: 20.00 ao Club Prezo: A determinar, en función do número de participantes, irase en coches ou en autobus. Nesta saída iremos ata o alto do confurco (entre Porriño e Ponteareas), y comezaremos a camiñar ata o Castelo de Cans (pianista) e percorrerémolo porque ten zonas moi bonitas e boas vistas, despois percorreremos os montes da zona ata chegar a San Cibrán. E por esa zona comeremos e pasaremos a tarde realizando xogos entre esas máxicas rochas. Hai que levar: Calzado de trekking, roupa cómoda, gorro ou visera,comida para o día, cantimplora con auga, e sobre todo protector solar.
29.06.2014
Actividade mixta: Sendeiro-escalada-arqueoloxía-praia (Donón) SÓ para neno/ás a partir de 12 anos Saída 29 de Xuño Hora: 9.30 dende o Club Chegada: 20.00 ao Club Irase en coches. Prezo 5 € Realizarase unha pequena ruta ata o poboado do facho, vendo as casas e os petroglifos e sobre todo admirar as vistas que dende alí se poden contemplar. Deseguido descenderemos ata as vías de escalada onde se poñerán varias vías. Ao rematar de escalar camiñarase pola pista ata a praia de Melide,pasando polos Faros Branco e Vermello, e segundo a hora podemos comer en Donón ou xa na praia. Finalmente será unha tarde de desfrute praieiro. Hai que levar: Calzado de trekking, roupa cómoda, bañador, toalla, gorro ou visera,comida para o día, cantimplora con auga, e sobre todo protector solar.
30.05.2014
Hola a todos los montañeros!!! Después de tres fines de semana muy intensos y divertidos, hemos terminado la Operación Benjamín del 2014 y para darle un fin de fiesta como se merece, el próximo día 30 de Mayo (viernes) a las 20.00 en el club, proyectaremos fotos de los tres fines de semana, se sabrá quién es el ganador del concurso de cocina y habrá obsequios para todos los participantes. Esperamos vuestra asistencia. ¡¡No faltéis!!
23.05.2014
ATENCIÓN!!!!! Cambio da data da clausura da OPERACIÓN BENXAMÍN (do 23 o 30 de Maio) Hola a todos los montañeros!!! Después de tres fines de semana muy intensos y divertidos, hemos terminado la Operación Benjamín del 2014 y para darle un fin de fiesta como se merece, el próximo día 30 de Mayo (viernes) a las 20.00 en el club, proyectaremos fotos de los tres fines de semana, se sabrá quién es el ganador del concurso de cocina y habrá obsequios para todos los participantes. Esperamos vuestra asistencia. ¡¡No faltéis!!
17.05.2014
Neste último fin de semana gozaremos das marabillosas illas Ons, un pequeno paraiso ao lado de casa. Percorreremos a illa para coñecer como é e descubriremos os cantos máis espectaculares e únicos porque para iso son Parque Nacional.
10.05.2014
Neste segundo fin de semana estaremos nunha das zonas máis importantes para os escalodores da zona de Vigo, e como eles, aprenderemos a escalar en rocha xunto cos monitores máis experimentados do Club e se o tempo o permite poderemos aprender a orientarnos baixo as estrelas.
26.04.2014
Estaremos nunha das zonas máis emblemáticas de Galicia, Os Ancares, onde faremos unha suba aos coñecidos Os Tres Bispos. Coñeceremos a zona e aprenderemos técnicas de montaña: Equipamento básico, comida, orientación, etc ...
11.04.2014
Presentación da Operación Benxamín ás 20.00 no local social. Explicaranse as actividades que se van facer e que hai que levar. Solucionásense as dúbidas que se aparezan no momento.
1 2 3 4 5 6 7 8 9



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net