Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
07.05.2016
Un ano mais, iniciamos a Operación Benxamín no xa clásico GALI-ALOIA, nesta fin de semana aprenderemos a dar os primeiros pasos nas paredes verticaís do Gali, pernoctaremos no noso refuxio do Aloia, alí contarannos historias tan marabillosas como a do monte Medulio, e aprenderemos a organizar as nosas mochilas.
06.05.2016
49º Curso Infantil-Xuvenil de Iniciación ó Montañismo Datas: 6 maio: Presentación: Local Social 7-8 maio: Parque Natural Monte Aloia 21-22 maio: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés 28-29 maio: Serra de O Caurel Prazo inscrición: 3 maio ou ata cubrirse as prazas Máis información adxunta.
12.03.2016
SAÍDA INVERNAL SECCIÓN INFANTIL-XUVENIL 12-13 MARZO DE 2016 Queridos amig@s, como máis vale tarde que nunca, presentámosvos a primeira actividade deste ano, e como non queremos deixar escapar ao manto branco que desde fai moi pouco cobre as nosas montañas, imos vela moi de preto, na mítica serra dos Ancares, un tesouro que queremos redescubrir e mostrarvos en todo o seu esplendor invernal. Imos que non cho podes perder. -Datas: 12-13 de marzo de 2016. -Saída: sábado 12 ás 9:30 horas no lugar habitual. -Chegada: domingo 13 ás 20:00 horas no lugar habitual. -Prezos: 40 euros socios | 50 euros non socios | 70 euros dous irmáns. -Comidas incluídas: Cea do sábado e o almorzo do domingo. -Comidas non incluídas: Comida do sábado e domingo. Material: -Saco de durmir. -Esterilla. -Roupa de abrigo. -Máis roupa de abrigo. -Botas, luvas, gorro. -Roupa de reposto completa (incluído calzado). -Comida. A actividade esta aberta para os adultos que queran ir a pasar o día a ANCARES animadevos que aínda quedan prazas!!
03.10.2015
Será na Serra do Galiñeiro, pola zona do Parque Forestal de Vincios, preto do Refuxio do Club. Existirá un percorrido determinado, marcado nun mapa. En cada punto/control haberá unha baliza/control, cunha pinza para ticar. A Marcha consistirá en localizar todas as balizas e voltar ao punto de partida. Faranse equipos. Cada un terá unha ficha para ticar as balizas/controis e un mapa co percorrido e a localización das balizas. Daranse explicación básicas para interpretar o mapa en base a catro aspectos: lenda, interpretación, orientación e escala. A continuación os equipos sairán, en intervalos de tempo, acompañados por alomenos dun adulto, para facer a marcha (ao seren unha marcha non se contabilizará o tempo empregado). Ao remate, no punto de partida, cada equipo entregará a ficha co ticado das balizas. Se tendes búxola, levádea. Hora de saída: 10:45 dende Montañeiros Celtas Hora de chegada: As 19:00 horas a Montañeiros Celtas Tendes que levar: Comida, algo de picar, bebida, ropa cómoda (non levar vaqueros), bota de trekking, gorra e crema solar. Prezo: 5€ ÚLTIMO DÍA PARA ANOTARSE O XOVES 01 DE OUTUBRO AS 21:30 HORAS.
28.06.2015
Esta é a nosa cuarta saída do ano, como xa sabedes estamos xa en primavera e o bo tempo fai que ter gana gana de saír a coñecer sitios e novos lugares. Esta vez imos realizar a ruta do río Barragán e o seu fraga que se encontra situado na zona de Pazos de Borbén (Pontevedra). Esta ruta ten no seu itinerario levadas, muiños, pasos de pedra polo río, pontes, muros de todo tipo, camiños lousados... e non podemos esquecer deses marabillosos bosques de ribeira que dan ese frescor en momentos de calor e que nos axudan a seguir camiñando. Non o pensedes máis, aproveitar a ocasión dun bonito día ao aire libre e gozar da natureza. Saída: 28 xuño de 2015 Hora saída dende o club: 10:00 (en principio irase en coches) Chegada ao Club: 19.30 Prezo Socios: 5€ Data última para anotarse: Xoves 25 de Xuño ás 20.00 fóra desa data non se admitirán máis participantes. Necesítase: Levar comida para o día, algo de picar e moita auga (non hai fontes polo camiño). Botas de trekking ou calzado forte (NON levar nin bambas, nin zapatillas de paseo), roupa cómoda levar pantalón longo (NON vaqueiros nin pantalón curto), un xersei ou roupa de abrigo, un chuvasqueiro lixeiro, por se acaso, e sobre todo gorra ou viseira e protector solar.
29.05.2015
Pequenos montañeiros!!! xa se está preparando a Operación Benxamín 2015 Este ano os días serán: 9 e 10 de maio: Serra do Courel (Lugo) Saída do club as 8:30 e chegada o club as 20:30h Descubriremos a beleza dunha das zonas máis importantes das montañas de Galicia e faremos cumio para sentir as sensacións dos expertos montañeiros. 16 e 17 de maio: Serrado Galiñeiro Saída do club as 10:00 e chegada o club as 19:00h Poremos a proba os nosos músculos gabeando polas rochas. 23 e 24 de maio: Illas Cíes Saída e chegada (avisarase o día anterior a saída) Conquistaremos a illa facendo sendeiros e utilizando mapas e compás e pola noite xogaremos á luz das estrelas. O tradicional concurso de cociña será o peche da xornada. O día 24 de Abril ás 20.00 da tarde no club teremos a reunión explicativa de todas as actividades que se van realizar. Ir preparándovos, vai ser moi divertida!!!
15.03.2015
¡¡Ola montañeiros!! A primavera xa se está a achegar Non o notastes? As árbores xa están a florecer, os paxaros xa empezan a exhibir os seus cantos...así que hai que aprovechar...El próximo domingo cruzamos a ría e ímonos descubrir a costa da vela (Cangas). Veremos os faros que se encontran en cabo Home (un dos máis altos de Galicia), o de punta Subrido e o de punta Robaleira. Se o tempo o permite remataremos na praia de Melide e quen sabe...a o mellor nos damos o primeiro mergullo do ano. Venga pequenos animádevos!! Non volo pensedes máis!! Saída: 15 de Marzo (domingo) ás 10.30 dende o Club de montañeiros Chegada: ás 19.00 no club Hai que levar: Botas de trekking, NON levar pantalóns vaqueiros nin pantalóns curtos. Unha suadeira, gorro, crema solar, toalla e bañador. Comida para o día.
28.02.2015
Data: 28.02.2015 Hora de saída do Club: 09.30 Chegada ao Club: 19.00 Lugar: Monte Aloia.. "Descubrindo o noso parque" Despois de gozar o mes pasado na neve, imos facer a nosa segunda actividade nuns dos parques naturais que está situado moi preto nosa. Nada menos que no Monte Aloia (Tui). Descubriremos unha das súas rutas, onde poderemos observar as árbores típicas dos nosos bosques e se temos sorte poderemos ver algún animalillo. Tras a comida realizaremos xogos para ir coñecéndonos e formar un grupito de novos montañeiros. Que levar: Comida para o día. Roupa de abrigo, chuvasqueiro e calzado cómodo (botas de trekking). Prezo: 5 € (En principio vaise en coches),
24.01.2015
Empezamos un novo ano e polo tanto hai que aproveitalo ao máximo e gozar a tope. Na sección, estamos a realizar unha programación variada na que descubriremos novos lugares e novas técnicas no marabilloso mundo da montaña. Esperamos que este ano o sigades gozando como en anos anteriores. Pero...a que esperemos entón? A primeira actividade xa está aquí...será o próximo día 24 de xaneiro e... onde? Pois nada menos que a Cabeza de Manzaneda (Ourense). Pasaremos un día rodeados de neve, a ver se é posible e gozaremos dun pequeno recorrido para coñecer a zona. Y ... como non!! Xogaremos coa neve facendo bonecos, deslizándonos sobre ela, tirándonos bólas, en fin!! Xa o supoñedes, non?. Vinga pequenos, non perdades tempo e anotarvos na lista. Horario: Saída: 8:30h (dende o club) Chegada: 21:00h (o club) O bus está aberto para adultos que queiran ir a pasar o día pola sua conta a Manzaneda.
14.12.2014
A ruta do río Eifonso PR-G5 é un paseo natural de curto percorrido por bosques autóctonos cheos de vexetación, muíños e ermidas. Hai que levar a comida de día, roupa cómoda, botas de trekking, chubasqueiro, e roupa seca para cambiarse ao rematar a ruta. Saída dende o club: 10.30h Chegada:18.30h
1 2 3 4 5 6 7 8 9



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net