Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
06.05.2017
DATAS: 6-7 de maio LUGAR: Arbo SAÍDA: 6 maio, 10:00 h desde Vigo CHEGADA: 7 maio, 20:00 h Programa: Sábado día 6: Saída de Vigo ás 10:00 ao albergue rural “OCoto “ de Arbo. Chegada e distribución no albergue. Xogos de animación. Visión deestrelas. Domingo día 7: Charla: Marcha de senderismo. Charla “Como se fai unha mochila”. Recollida e saída. Chegada a Vigo ás 20:00 horas.
28.04.2017
DATA: 28 abril HORA: 20:30 h LUGAR: Local social de Montañeiros Celtas Con 50 anos de historia, a Operación Benxamín é un curso de iniciación aomontañismo, dirixido a fomentar a afición a este deporte en plena Natureza. Son 3 fins de semana cheos de actividades dirixidos a nenos e nenas de 8 a 14 anos. Nesta presentación darase explicación detallada da actividade, falando dos materiais necesarios e resolvendo dúbidas e preguntas.
04.03.2017
DATAS: 4-5 de marzo de 2017. LUGAR: Pena Trevinca SAÍDA: sábado 4 ás 9:30 horas en Montañeiros Celtas. CHEGADA: domingo 5 ás 20:00 horas en Montañeiros Celtas. Comezamos esta actividade invernal con certo atraso, coa intención de agardar pola desexada neve. Esta vez faremos as mochilas e marcharemos á Pena Trevinca, unha das zonas montañeiras por excelencia da nosa comunidade e o cumio máis elevado de Galiza. Alí aloxarémonos en Vilanova, no refuxio de A Folerpa, onde coñeceremos coma se vive o inverno nesta pequena vila. Temos previsto facer unha ascensión pasando polo cumio do Maluro (1957 m de altitude) se o tempo e as condicións o permiten. -Prezos: 40 euros socios | 55 euros non socios | 70 euros dous irmáns -O cola-cao quente da cea e o almorzo do domingo están incluídos. -COMIDAS NON INCLUÍDAS: Todas as demais. Material Necesario -Saco de durmir. -Esterilla. -Botas, guantes, gorro de abrigo. -Chuvasqueiro. -Cazadora ou similar. -Roupa de abrigo. -Máis roupa de abrigo. -Roupa de reposto completa (incluído calzado). -Lanterna ou frontal. -Comidas. -Material de aseo persoal. -Crema solar.
24.02.2017
Estreamos Facebook para conmemorarmos os 50 anos da Operación Benxamin. Se participaches ( como monitor ou cursillista) ou se conoces a alguén que o fixera este é o grupo para poñernos en contacto, subir fotos, facer comentarios e celebrar en setembro unha xuntanza para conmerar estes 50 anos da Operación Benxamín. Anímate a participar!!
26.11.2016
ANULADO!!! DATAS: 26-27 de novembro de 2016. LUGAR: Albergue Rural O Coto (Arbo) SAÍDA: sábado ás 11:30 horas na ESTACIÓN DE AUTOBUSES de Vigo. CHEGADA: domingo ás 19:40 horas na ESTACIÓN DE AUTOBUSES de Vigo. Na época das castañas imos coñecer o entorno natural de Arbo, bañado polo río Miño, en todo o seu esplendor. O outono é unha época ideal na natureza onde as cores vermellas das árbores autóctonas son predominantes e falannos dos tempos de magosto e dos rigores e fríos da invernía que está aínda por chegar. Aloxarémonos no albergue rural de “O Coto”, que empregaremos coma base para a nosa ruta. Nos esquezades traer o saco de durmir. A cea do sábado e o almorzo do domingo están incluídas, así que só tedes que traer a comida do sábado e domingo e algo para picar nas marchas. -Prezos: 30 euros socios | 39 euros non socios | 55 euros dous irmáns socios. -Comidas incluídas: Cea do sábado e almorzo do domingo. -Comidas non incluídas: Comida e merenda do sábado e domingo. Material: -Saco de durmir. -Chuvasqueiro. -Botas. -Mochila pequena ou de ataque. -Roupa de abrigo. -Roupa de reposto completa (incluído calzado). -Comida. -Neceser e toalla pequena.
17.09.2016
ILLAS CÍES PARQUE NATURAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA Ola a todas e todos. Retomamos de novo o campamento de verán, que como sabedes tivemos que anular o pasado mes de xullo por baixa participación. Este vez queremos aproveitar a tope o final do verán e nos imos ás Illas Cíes durante o mes de setembro, unha das épocas máis interesantes para visitalas e coñecelas. Non esquezades que se trata dun campamento para aproveitar o sol e a praia, e tamén para facer sendeirismo polas illas e descubrir algúns recunchos descoñecidos. -Datas: 17-18 de setembro de 2016. -Saída: sábado 17 ás 10:00 horas na estación marítima. -Chegada: domingo 18 ás 20:30 horas na estación marítima. -Prezos: 30 euros socios | 39 euros non socios | 55 euros dous irmáns socios. -Comidas incluídas: Cea do sábado e almorzo do domingo. -Comidas non incluídas: Comida e merenda do sábado e domingo. Material: -Saco de durmir. -Esteriña. -Toalla e traxe de baño. -Crema solar. -Chanclas e gorra. -Chuvasqueiro. -Roupa de abrigo. -Roupa de reposto completa (incluído calzado). -Comida.
09.07.2016
CAMPAMENTO INFANTIL-XUVENIL DE VERÁN ANULADO POR NON HABER UN MÍNIMO DE PARTICIPANTES LUGAR: Cámping Moreiras. O Grove Data: 9 e 10 de xullo SAÍDA: sábado, 9 ás 10,30h dende o Club CHEGADA: domingo, 10 ás 20,30h ao Club Prezos: - socios: 32€ (dous irmáns socios 60€) - non socios: 45€ . Comidas incluídas: Leite con galletas a noite do sábado e o almorzo do domingo . Comidas non incluídas: xantar e cea do sábado e xantar do domingo. Queridos amigos e amigas, presentámosvos esta actividade veraniega de acampada, para gozar do sol, da praia, un pouco de sendeirismo e por suposto da compaña dos amigos e amigas montañeiras. Material: Saco de durmir Estera Toalla e bañadores Crema solar Chanclas e gorra Chuvasqueiro Roupa de abrigo Roupa de reposto completa (incluído calzado) Comidas ¡¡O SOL E A PRAIA ESPÉRANNOS!!
10.06.2016
DATA: 10 de xuño HORA: 20:00H LUGAR: Local social de Club Montañeiros Celtas O venres 10 de xuño rematamos a 49 edición do curso de montañismo "OPERACIÓN BENXAMÍN" realizando unha proxección sobre as actividades e lugares compartidos nestas tres fins de semana de maio con lembranza especial á "chuvia", que este ano nos acompañou todos os días. Botaremos unhas risas, contaremos anécdotas, haberá agasallos... E acabaremos co pensamento posto no 2017. ¡¡Non faltedes e traede aos vosos pais e nais!!
28.05.2016
SAÍDA de Vigo, o sábado 28, ás 9:00h dende o Club CHEGADA a Vigo, o domingo 29, ás 20:30h ao Club Esta finde imos ao Courel, onde practicaremos a montaxe de tendas e disfrutaremos dunha xornada montañeira nas fermosas fragas, cheas de variedade de árbores autóctonas, espectaculares fervenzas ao mesmo tempo que aprendemos a interpretar mapas e orientarnos na natureza.
21.05.2016
SAÍDA, o sábado 21, ás 10:00h dende o Club CHEGADA, o domingo 22, ás 20:30h ao Club Despois do Galiñeiro e Monte Aloia, a Operación Benxamín vai ao Parque Natural transfronteirizo Baixa Limia do Xurés que é continuación do parque Nacional da Peneda Xeres no país veciño, Portugal. Pernoctarase no refuxio que a Federación Galega de Montañismo ten en Albite e alí faremos charlas sobre a alimentación en montaña, realizaremos o tan esperado concurso de cociña, observaremos as estrelas e veremos como orientarnos na montaña.
1 2 3 4 5 6 7 8 9



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net