Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
12.05.2018
DATAS: 12-13 maio LUGAR: Monte Aloia SAÍDA: sábado 12 maio ás 15:00 h CHEGADA: domingo 13 maio ás 20:00 h Sábado: Chegada a parque do Monte Aloia. Charla e práctica de orientación en montaña. Visión de estrelas. Cea Domingo: Almorzo. Concurso de cociña. Charla sobre alimentación. recollida do refuxio
28.04.2018
DATA: 28-29 abril LUGAR: Pena Trevinca SAÍDA: 28 de abril ás 10:00 da maña CHEGADA: 29 de abril en torno ás 20:00 h Sábado: Chegada ao Hotel Rural Fonte da Cova. Distribución de habitacións. Presentación da actividade. Actividade de neve. Charla sobre montañismo. Cea Domingo: Almorzo. Ruta de montaña invernal. Charla: "como se prepara a mochila". Recollida e saída
24.04.2018
OPERACIÓN BENXAMÍN 2018 Datas: - 24 de abril. PRESENTACIÓN. Local Social ás 20,30h - 28 e 29 de abri. TREVINCA - 12 e 13 de maio. MONTE ALOIA - 26 e 27 de maio. CANGAS - 8 de xuño. PROXECCIÓN, ENTREGA DE AGASALLOS E CLAUSURA. Local social 20h. ANÍMATE A PARTICIPAR!!!
24.03.2018
DATA: 24 e 25 de marzo. LUGAR: TREVINCA SAÍDA: sábado día 3 ás 10h de Montañeiros Celtas CHEGADA: domingo día 4 ás 20h a Montañeiros Celtas Primeira actividade do ano da Sección Infantil, hai que abrigarse, imos á neve, cambiamos de Ancares que foi aprazado por mal tempo a Trevinca. Non perdas a ocasión que non temos moitos momenots de ir á neve. Máis información no documento adxunto e no Club. ANÍMATE!!!
01.10.2017
DATA: 1 de outubro LUGAR: Refuxio Monte Aloia HORA: 13:00 h Para celebrar este 50 aniversario queremos reunir a tod@s @s que ao longo destes anos participaron nalgunha das benxamíns coma cursillistas, monitores ou colaboradores. Quedamos no mítico refuxio do monte Aloia o vindeiro domingo 1 de outubro ás 13:00 horas para compartir entre todos, os nosos recordos e degustar unha selección de cociña de montaña de autor (realmente un pequeno aperitivo). Podes traer a túa familia. É unha boa ocasión para por en practica todas esas veces que dis “si eso nos chamamos e quedamos” e nunca o fas. MATERIAL NECESARIO -Ganas de pasalo ben- -Fotos antigas- -Historias que contar- CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA antes do venres 29 de setembro no teléfono 986 438 505 de luns a venres de 19:00 a 21:30 horas
08.07.2017
DATAS: 8-9 de xullo de 2017. LUGAR: O Grove SAÍDA: sábado ás 10:30 horas en Montañeiros Celtas. CHEGADA: domingo ás 20:00 horas en Montañeiros Celtas. Para despedir a tempada imos a desfrutar da praia na costa privilexiada da vila de O Grove. Faremos as mochilas e marcharemos ao camping Moreiras, sito na localidade de O Grove e a pé de praia. Aparte de darnos un ou varios baños, faremos unha pequena ruta cara o monte de Siradella onde se temos sorte poderemos visitar o centro de interpretación da zona. Así que xa sabes, colle o bañador e a toalla e a nadar!!!!! PREZOS: 35€ socios | 45€ non socios | 60 € dous irmáns -Está incluída a cea do sábado e o almorzo do domingo. -O resto de COMIDAS NON ESTÁN INCLUÍDAS (comida del sábado y domingo). Para obter máis información descárgate o documento anexo
26.06.2017
DATAS: durante os meses de xuño, xullo e agosto LUGAR: Vigo EDADES: 8-14 anos ACTIVIDADES: escalada, kaiak, tirolina, slackline, rastrexos, visita a Cíes… O club Montañeiros Celtas organiza o I Campamento Urbán Multiaventura para nenos e nenas entre 8 e 14 anos. Haberá tres quendas: -do 26 ao 30 de xuño, -do 17 ao 22 de xullo -do 7 ao 12 de agosto. Será unha semana intensa chea de actividades en pleno contacto coa natureza: escalada en rocha, kayak, tirolina, slackline, rastrexos, visita ás Cíes... Cun horario de 09.00 a 18.00 (e horario especial para madrugadores a partir das 08.00), da man de monitores con ampla experiencia e con tódolos seguros cubertos. Non deixes escapar esta oportunidade! PREZO POR SEMANA: Socios/as: 130 euros. Non socios/as: 150 euros. INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: No correo electrónico info@celtas.net, No teléfono 986438505 Na web www.celtas.net ou na oficina do club: Camelias 78,oficina K. INSCRICIÓNS ATA O 26 DE MAIO! No documento adxunto tes a ficha de inscrición.
09.06.2017
DATA: 9 de xuño HORA: 20:30 horas LUGAR: Local Social do Club Montañeiros Celtas A operación Benxamín 2017 chegou ao seu fin, e para celebralo esperámosvos o venres 9 de Xuño ás 20:30 no Local Social do Club Montañeiros Celtas para realizar o acto de Clausura. En devandito acto realizaremos: - Entrega de premios do "Concurso de Cociña". - Entrega de premios do “Concurso de Debuxo". - Diploma de participación no curso a todos os participantes. - Proxección de fotografías da Operación Benxamín 2017. Agardámosvos a pais, nais, nenos e nenas o venres 9. Non vos perdades os regalos que vos están esperando!!
27.05.2017
DATAS: 26-27 maio LUGAR: Sanabria (Zamora) SAÍDA: as 9:00 h desde Vigo CHEGADA: ás 20:30 a Vigo Programa Sábado 26: Saída de Vigo ás 9:00 cara ao Camping “El Folgoso” situado na beira do lago de Sanabria. Aprendemos a montar as tendas de campaña. Charla a alimentación e o material empregado na montaña. Domingo 27: Marcha de montaña. Se o tempo o permite darémonos un baño na praia do lago. Recollida e despedida. Chegada a Vigo ás 20:30 horas.
13.05.2017
DATAs: 13-14 maio LUGAR: Monte Aloia SAÍDA: as 10:00 h desde Vigo CHEGADA: ás 20:00 a Vigo Programa Sábado 13:Saída de Vigo ás 10:00 horas ao refuxio doMonte Aloia. Charla de teoría e práctica da escalada. Chegada e distribución no refuxio.Xogos nocturnos. Domingo 14: Marcha. Teoría e práctica de orientación en montaña. Concurso de cociña. Recollida do refuxio. Chegada a Vigo ás 20:00 horas.
1 2 3 4 5 6 7 8 9



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net