Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
10.10.2021
DATA: 10 de outubro LUGAR: Illa de Ons HORA DE SAÍDA: 9h30h dende o Club HORA DE CHEGADA APROXIMADA: 19H00 ao Club *Un autobús levará aos participantes ata o porto de Bueu onde collerán o barco das 10h30. A volta será ás 17h dende Ons con chegada prevista a Vigo sobre as 19h. A segunda saída deste curso na sección Infantil será á Illa de Ons, onde a través dos sentidos intentaremos coñecer mellor o entorno marabilloso da illa. Continuaremos a elaborar o caderno de campo. Prazas limitadas e reservadas aos socios/as da sección infantil (nados entre o 2009 e 2013). Os participantes irán acompañados de monitores e respetarán o protocolo covid-19. **Esta actividade está destinada exclusivamente á nenas e nenos polo que os pais/nais non poden participar na actividade.
11.09.2021
DATA: 11 de setembro LUGAR: Museo Liste (Vigo) e Monte Galiñeiro HORA: 10h no Museo Liste HORA DE CHEGADA: 19h30 no Club O día 11 de setembro retomamos as actividades da sección infantil cunha xornada de orientación. Comezaremos a actividade no Museo Liste, visitando unha exposición sobre cartografía e orientación. Para meternos no tema. Logo colleremos o bus que nos levará ao Galiñeiro. Na zona do Parque Forestal de Vincios, preto do Refuxio do Club explicarase o desenvolvemento da actividade. Existirá un percorrido determinado, marcado nun mapa. En cada punto/control haberá unha baliza/control, cunha pinza para ticar. A Marcha consistirá en localizar todas as balizas e voltar ao punto de partida. Faranse equipos. Cada un terá unha ficha para ticar as balizas/controis e un mapa co percorrido e a localización das balizas. Daranse explicacións básicas para interpretar o mapa en base a catro aspectos: lenda, interpretación, orientación e escala. A continuación os equipos sairán, en intervalos de tempo, acompañados por alomenos dun adulto, para facer a marcha (ao seren unha marcha non se contabilizará o tempo empregado). Ao remate, no punto de partida, cada equipo entregará a ficha co ticado das balizas. Se tedes búsola, levádea. Tedes que levar: Comida, algo de picar, bebida, roupa cómoda, bota de trekking, gorra e crema solar.
18.10.2020
DATA: 18 de Outubro LUGAR: Illa de Ons HORA DE SAÍDA: 10h dende o Club HORA DE CHEGADA APROXIMADA: 19H15 ao Club *Un autobús levará aos participantes ata o porto de Bueu onde collerán o barco das 11h. A volta será ás 18h dende Ons con chegada prevista a Vigo entre 19h15-19h30 PREZO: 10€  A primeira saída deste curso na sección Infantil será á Illa de Ons, onde a través dos sentidos intentaremos coñecer mellor o entorno marabilloso da illa. Empezaremos a elaborar o caderno de campo que nos vai acompañar durante todo o curso e empezar a repasar os contidos aprendidos na charla do día 24 de setembro. Prazas limitadas e reservadas aos socios/as da sección infantil (8-12 anos). Os participantes irán acompañados de monitores e respetarán o protocolo covid-19
24.09.2020
DATA: 24 de setembro HORA: 18h para as rapazas e rapaces de entre 8 e 12 anos            20h para as rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos LUGAR: Local social A Sección Infantil-Xuvenil convida as rapazas e rapaces de entre 8 e 16 anos á presentación do proxecto da Sección Infantil-Xuvenil 202-2021 Agardamos a vosa asistencia
11.09.2020
DATA: 11 de setembro HORA: 19h LUGAR: Local social (avda Camelias 78, Local K) O equipo da Sección Infantil-Xuvenil convida as familias con fillas e fillos con idades comprendidas entre os 8 e 16 anos á presentación do proxecto da sección Infantil-Xuvenil 2020-2021
21.02.2020
DATA: 21 de febreiro HORA: 18H LUGAR: Club Montañeiros Celtas Voltamos ao Entroido, e o celebraremos no noso local social, no cal terá lugar o xa clásico concurso de disfraces. Os invitamos a visitar o club e coñecer as vindeiras actividades que temos programadas, xogar, bailar, comer e recibir algún que outro agasallo. E coma sempre, podes traer os amigos e amigas que queiras aínda que non sexan socios e socias. Vémonos na festa.
07.06.2019
O venres 7 de xuño terá lugar na Casa do Deporte, Rúa Fotógrafo Luis Ksado,17-Baixo, a clausura da Operación Benxamín 2019. Entregaremos os diplomas, premios dos concursos e agasallos aos participantes desta aventura. Coma non, proxectaremos fotos e vídeos do que estivemos a facer no Aloia, no Xurés e en Sanabria. Pregamosvos que vos inscribades xa que a sala ten aforo limitado.
25.05.2019
DATA: 25 de maio LUGAR: Lago de Sanabria SAÍDA: 10h00 do Club CHEGADA: o domingo ás 20h00 Saíremos ás 10h da maña do Club dirección o camping de Folgoso, ao chegar montaremos as tengas, faremos unha ruta nocturna. Pernocta nas tendas de campaña. O domingo, faremos unha ruta de sendeirismo e se o horario e as condicións o permiten nos daremos un baño no Lago. Recollida e saída. Chegada prevista ás 20h a Vigo. Máis información no documento adxunto.
11.05.2019
DATA: 11 de maio LUGAR: Albite (O Xurés) SAÍDA: 10h00 do Club CHEGADA: o domingo ás 20h00 Saíremos ás 10h da maña do Club dirección o refuxio da FGM de Albite, no Xurés. Faremos unha ruta de sendeirismo, un concurso de cociña e unha charla sobre a alimentación na montaña. Pernocta no refuxio. O domingo, ruta, charla e práctica de orientación na montaña. Recollida e saída. Chegada prevista ás 20h a Vigo. Máis información no documento adxunto.
27.04.2019
DATA: 27 de abril LUGAR: Monte Aloia SAÍDA: 16h00 do Club CHEGADA: o domingo ás 20h00 Chegada e distribución no refuxio do Monte Aloia. Presentación. Ruta. Charla: Como se fai unha mochila. Visión de estrelas se as condicións o permiten. Pernocta no refuxio. O domingo, ruta e actividad teórico-práctica de escalada no monte Galiñeiro. Máis información no documento adxunto.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net