Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
22.03.2020
DATA: 22 de marzo HORA DE SAÍDA: 8h30 dende o Club con parada no Concheiro HORA DE CHEGADA: 20h LUGAR: Barcia de Mera DIFICULTADE: MEDIA Programamos de novo a ruta de sendeiro que nos levará polo río Alén. Este afluente do Tea forma parte da rede Natura 2000. Percorreremos uns 16km de marabillosas paisaxes, fontes, fauna e flora moi variada que nos achegará tamén a barroca rectoral de Barcia de Mera. PREZOS: Autobús socios: 13€ Autobús socios < 30 anos: 8€ Autobús non socios: 16€ Animádevos
26.01.2020
Data: 26/01/2020 DATA: 26 de Xaneiro SAÍDA: 9:30h do Club REGRESO: Despois das 17:30h DISTANCIA: 10 km TEMPO: 5 horas GRADO DE DIFICULTADE: Baixo-Medio PREZOS: Bus Socio: 18€ Bus non socio: 22€ Como primeira actividade anual da sección de sendeiros, faremos una “pateadiña” polo veciño PN da Peneda-Gerês. Será sinxela e cun percorrido variable en función das condicións meteorolóxicas. Traede os bastóns, as luvas e as ganas de camiñar porque hai dous desniveis empedrados que faremos aínda que nos mollemos;-))) Esperámosvos que hai que quentar motores para o verán!
17.11.2019
DÍA: 17 de novembro SAÍDA: 8:00 desde Concheiro (Praza España) VOLTA: 20:00 Ruta de sendeiro polo río Xesta (Concello da Lama) e pola Serra do Suído. Iniciamos percorrido en Gaxate, remontando o curso do río Xesta, onde alternaremos zonas de bosque autóctono, con zonas de monte baixo, polos camiños empregados tradicionalmente na zona. Ao chegar a Liñares faremos un pequeno desvío para visitar unha fabulosa fervenza. Despois seguiremos remontando o río ata chegar á ermida dos prados, onde nos adentraremos na Serra do Suído para ver un foxo do lobo. Prezos Bus: SOCIOS:12€ (10€ inscrición e pagado antes do 08 de novembro) NON SOCIOS:14€ (12€ inscrición e pagado antes do 08 de novembro) SOCIOS MENORES DE 30 ANOS: 8€ Animádevos
27.10.2019
DATA: 27 de Outubro LUGAR: A Peroxa (Ourense) SAÍDA: 08H00 dende o Concheiro (Praza de España) *** LEMBRAMOVOS QUE O DÍA 26 CAMBIA A HORA CHEGADA: 20H30 ao Concheiro (Praza de España) PREZOS: SOCIOS:18€ (16€ inscrición e pagado antes do 21 de outubro) NON SOCIOS: 21€ (19€ inscrición e pagado antes do 21 de outubro) Nesta segunda etapa camiñaremos acompañando o leito do Río Miño. Propoñemos unha ruta lineal duns 14 km. Partiremos dende a pequena Capela do Amparo pertecente a Carracedo (A Peroxa ), descenderemos polo PRG 179 entre bosques autóctonos ata o leito do río. Despois o acompañaremos pola súa beira augas enriba, para terminar na praia fluvial do río Bubal en Os Peares. Aquí será onde nos recollerá o autobús. Animádevos!
14.07.2019
DATA: 14 de Xullo LUGAR: Xabriña (Paraños – Covelo) SAÍDA: 8h30 no Club REGRESO: 20H30 ao Club DIFICULTADE: Dificultade media- 15Km aproximadamente DESCRIPCIÓN: A ruta comezará na Lamosa e rematamos en Paraños. Xabriña… bonito nome, precioso río. Camiñaremos por levadas e pontellas de muíño en muíño. A destacar a arquitectura e enxeñería populares, e a frondosa e variada vexetación do bosque de ribeira. Ao remate observaremos un muíño en funcionamiento e visitaremos o lagar de cera,a eira e o museo. Esta actividade a coordinará Carmen. PREZOS: SOCIOS: 12€ (10€ reserva e pago anticipado ata o 5 de xullo) NON SOCIOS: 14€ (12€ reserva e pago anticipado ata o 5 de xullo) Animádevos!
30.06.2019
DATA: 30 de Xuño LUGAR: Ribeira Sacra SAÍDA: 08H00 dende o Club CHEGADA: 21H ao Club PRAZAS AGOTADAS!!! PREZOS: SOCIOS:18€ (16€ inscrición e pagado antes do 24 de xuño) NON SOCIOS: 21€ (19€ inscrición e pagado antes do 24 de xuño) Nesta segunda etapa comezaremos a ruta na Igrexa de San Estevo de Atán bordeando o Miño cara o norte por corredoiras e carreiros ata San Martiño da Cova. Comezando a volta visitaremos o ecomuseo e o castro de Arxeriz con espectáculares vistas sobre o cabo do mundo. Animádevos!
12.05.2019
DATA: 12 de Maio LUGAR: Ribeira Sacra SAÍDA: 08H00 CHEGADA: 20H PREZOS: SOCIOS:16€ (14€ inscrición e pagado antes do 6 de maio) NON SOCIOS: 19€ (17€ inscrición e pagado antes do 6 de maio) Nesta primeira parte duns 15 Km. aproximadamente do PR-G 162 acompañaremos as augas do río Miño pola súa beira esquerda, a través da marabillosa esencia da ribeira sacra. Son terras escarpadas, traballadas polos viticultores heroicos, polo que se trata dun percorrido de constantes sube e baixa, con desniveis pronunciados, polo que son recomendables os bastóns e un bo calzado. Desfrutaremos de marabillosas paisaxes, de pobos típicos, algún abandonado, así como de mosteiros e igrexas románicas. Comezaremos no Mosteiro de San Estevo de Ribas do Miño e acabaremos na incrible praia fluvial da Cova, onde poderemos tomar un café, unhas cañas, e darnos un paseo en kaiak..... Animádevos...
14.04.2019
LUGAR: Parque Nacional da Peneda-Gerês (PNPG), Lamas de Mouro, Melgaço, Portugal SAÍDA: 9H30 CHEGADA: 20H O Punto de inicio será a porta do PNPG, Lamas de Mouro, Melgaço, Portugal e o punto final oSantuario da Señora da Peneda, Arcos de Valdevez, Portugal É unha ruta lineal de dificultade media. Camiñaremos uns 13,3 kim en 6 horas. O autobús sairá as 9:30 h de Vigo para chegar sobre as 11h a Lamas de Mouro. A ruta percorre terras do PNPG entre penedos rochosos de curiosas formas, fermosas vistas panorámicas e pequenas formacións arbóreas. Comezaremos cunha forte pendente empedrada que ascende das verdes terras de Lamas de Mouro ata os paraxes graníticos da Serra da Peneda. Seguiremos os fitos ata atoparnos co sendeiro dos Romeiros e remataremos baixando un camiño empedrado ata o pobo da Peneda onde poderemos visitar o Santuario da Señora da Peneda e as súas 20 capelas ao longo dunha monumental escalinata. Tamén poderemos visitar algunha das tascas do pobo. Sobre as 18:30h colleremos o autobús para chegar a Vigo sobre as 20h. PREZO: Socio: 12€ Non Socio: 15€ Socios < 30 anos: 6€ Anímate!!!
24.03.2019
DATA: 24 de marzo LUGAR: Cerdedo SAÍDA: 8:30H dende o club REGRESO: 20H PREZOS SOCIOS: 12€ NON SOCIOS: 15€ Enlazaremos varias rutas señalizadas do municipio de Cerdedo: ruta Frei Martín Sarmiento e Sendeiro dos muíños do río Seixo e do Rego Cadavosa. Comezamos a caminata no centro de Cerdedo, onde apreciamos o conxunto da igrexa de San Xoan. Seguindo os carteis da estrada nos diriximos á Calzada Romana. Tamén os carteis indican a ruta sendeirista Frei Martín Sarmiento. Tras cruzar a ponte de San Antón sobre o río Castro nos atopamos de fronte coa pequena capela de San Antón acompañada do seu correspondente cruceiro. Se considera que a ponte é de orixe romana incorporando reformas medievais. Seguiremos uns metros polo asfalto deixando a capela á nosa esquerda, aínda que pronto o abandonaremos para tomar un camiño empedrado que nos interna nun precioso bosque de carballos e castiñeiros. En Cabenca seguiremos o leito do río Seixo, afluente do Lérez. Anímadevos!!
24.02.2019
Data: 24 de febreiro Hora: Saída ás 08h30 e chegada ás 20h30 Distancia: +16 Km (Dificultade Media) A Ruta do Contrabando é un sendeiro deseñado e habilitado pola Asociación “Móvete por Nogueira”. Trátase dun percorrido precioso pola Ribeira Sacra de Ourense, no que poderemos gozar coas vistas tanto do Miño coma do Sil. Comezaremos en Luintra, (a ruta oficial ten o seu inicio na pequena aldea de Valdomar). Dende alí nos introduciremos xa no frondoso bosque, no que atoparemos castiñeiros centenarios e todo tipo de especies autóctonas. Ademais, pronto chegaremos á zona de “Os Muíños”, onde atoparemos varios muíños hidráulicos rescatados da maleza e dispostos ao longo dun pequeno regato. Pouco a pouco iremos descendendo cara a zona de A Casanova, a través de estreitos sendeiros, e pasando xunto a unha antiga alvariza, un antigo refuxio utilizado antigamente por contrabandistas. Dende alí, a paisaxe cambia, o bosque ábrese e entraremos nunha zona de pequenas aldeas, hortas e viñedos. A última destas aldeas será A Penalba, dende onde poderemos contemplar o Miño. Dende alí comezaremos a ascender sempre por camiños tradicionais baixo o bosque, entre muros cubertos por musgo. Ao terminar de subir chegaremos á zona de Moura, onde de novo abra o bosque para dar paso a aldeas, prados e campos de cultivo. Alí se atopa o Miradoiro de Lampa , que nos ofrece unhas vistas estupendas do Sil. Despois do miradoiro atravesamos unha zona de rochas graníticas con diversas formas. Alí está o Penedo do Trigo, os Penedos de Rufino, A Pena do Altar…e coma non, A Pena Longa. Para rematar a ruta pasaremos moi cerquiña das Cabanas de Moura, un conxunto de mámoas antes de continuar de novo polo bosque en dirección a Valdomar e terminar en Luintra PREZOS: SOCIOS: 12€ NON SOCIOS: 15€ Prégamosvos que vos inscribades a través deste enlace:
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net