Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
05.11.2015
Como complemento á escola deportiva de Montañismo convocamos unhas xornadas abertas para iniciarnos no manexo do GPS en montaña, ata un máximo de dez prazas. Data: 5 de novembro Horario: 19:00h a 21:00h Lugar: local social Prezo: 10 euros ANIMADEVOS E APUNTADEVOS XA QUE SO HAI 10 PRAZAS!!! A escolas deportivas do Club puxéronse en marcha no mes de outubro, neste momento quedan prazas de Escalada, Montañismo e Espeleoloxía en Porriño e no Club de Montañismo e Espeleoloxía. Esta última non comenzará ata o mes de xaneiro do 2016.
01.11.2015
¿Todavía non coñecedes as escolas deportivas? se queres iniciarte en escalada, montaña ou espeleo non dubides en informarte no correo escolasdeportivas@celtas.net ou pasar polo club en horario de oficina (19:00-21:30) en Camelias 78 Ofic k !!! ¡¡¡TODAVÍA TEMOS PRAZAS!!! Non podes perder a oportunidade de disfrutar das nosas ESCOLAS DEPORTIVAS!!!
30.10.2015
ESCOLAS DEPORTIVAS ¡Alcanzamos outro cúmio!, si, setembro ven abríndose paso no Club: ¡comenzan as Escolas Deportivas!, aínda que dicindo esto faltamos algo á verdade, porque a Escola Deportiva de Escalada do Club xa ven funcionando nos dous últimos anos. Tras longas conversas, e no segundo ano de solicitude, temos concedida á Escola Deportiva Municipal de Escalada no Concello de Vigo. As Escolas de Montañismo e Espeleoloxía deberán esperar un periodo máis. Non así no Concello de Porriño, onde nos foron aceptados os tres proxectos presentados: Escalada, Montañismo e Espeleoloxía, máis en Porriño serán Escolas Deportivas do Club, impartidas nas instalacións do Concello. Para máis información dirixirse ao Club. A formación está previsto que se impartan de outubre a maio, coincidindo co calendario escolar, e distribuila nos seguintes grupos: * Escola Deportiva Municipal de Vigo:  E.D. Escalada 2 grupos (infantís e xuvenís) * Escolas Deportivas en Porriño:  E.D. Escalada 3 grupos (infantís, xuvenís, adultos)  E.D. Montañismo 3 grupos (infantís, xuvenís, adultos)  E.D. Espeleoloxía 3 grupos (infantís, xuvenís, adultos) * Escolas Deportivas no Club:  E.D. Escalada 3 grupos (infantís perfeccionamento, adultos iniciación, adultos perfeccionamento)  E.D. Montañismo 1 grupo (adultos)  E.D. Espeleoloxía 1 grupos (iniciación) Para preinscripción e inscripción: • Escolas do Club: escolasdeportivas@celtas.net • Escolas do Concello de Vigo: Inicio/Servizos Cidadanía/Deportes/Trámites e procedementos/Inscrición nos Programas Municipais de Escolas Deportivas 2015/2016. • Escolas do Concello de Porriño: 986335000 (Concello de Porriño) **PRAZAS LIMITADAS**
30.10.2015
Se tes entre 3 e 7 anos e queres coñecer o rocódromo e o mundo que rodea á montaña estás de noraboa! O clube pon en marcha unha actividade na que podes aprender de xeito dinámico e divertido cantidade de aspectos sobre o montañismo. A actividade levarase a cabo os martes, de 18:00 a 19:00 horas,na sede de Celtas, e extenderase de outubro a maio. Xa podes anotarte. (Prazas limitadas)
30.10.2015
Adxuntamos información sobre horarios das Escolas Deportivas, da sección de PORRIÑO. Todos aqueles que estes interesados en inscribiros ou precisedes máis información non teñades dubida en escribir a escolasdeportivas@celtas.net Animadevos!!
06.10.2015
XORNADA DE PORTAS ABERTAS ESCOLAS DEPORTIVAS Escalada, Espeleoloxía e Montañismo Aquí podes vivir grandes aventuras e formarte , ANÍMATE!!!!!!! Proba sen compromiso os días 6 e 8 de outubro dende as 17.00 ata 21.00. A partir dos 8 anos. Para mais información: 986438505 ou escolasdeportivas@celtas.net
1 2



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net