Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
31.12.2019
Boas Festas! Que o 2020 nos siga traendo moitos cumes, sendeiros, pequemarchas, saídas en bici, mergullos, covas, largos, comidas... e moitos momentos para compartir montañismo!
23.12.2019
Nas vacacións de Nadal estaremos abertos polas mañás e polas tardes para os que queirades vir ao rocódromo. O 24 e 31 de decembro o Club estará pechado.
22.12.2019
Xa temos a lotería de nadal no Club. Participacións de 5€ O número elixido é o 67.588 Non quedes sen ela!!!
17.12.2019
A Asamblea do 25 de Outubro aprobou o Calendario Electoral do que vos imos informando: -O 26 de Novembro por vacante no cargo de Presidente se procede a constitución dunha Comisión Xestora en cumprimento dos Estatutos do Club, segundo o Artigo 43. A Comisión Xestora está constituida por: Concepción Núñez, Concepción Gilino, Concepción Barciela, Antonio Caldelas, Marcos Rodríguez, Iago Rodríguez, Rosa Soliño, Elvira Álvarez e Juan José Vázquez. As súas funcións son Xestionar o Club ata o nomeamento do novo Presidente e convocar eleccións antes de seis meses. - Rematado o prazo, NON se presentaron candidatura á presidencia. En próximos días procederase a constituir a Comisión Xestora que convocará novas elección, de acordo co regulamento, no prazo máixmo de 6 meses. Facemos unha chamada a socias e socios, como asociados temos o dereito e o deber de participar na organización e xestión do Club, se non o facemos o Club desaparece. -Do 06 ao 17 de Novembro podedes presentar as vosas candidaturas á Presidencia. ANIMÁDEVOS!! -O 6 de Novembro publicación do Censo Electoral Definitivo. -O 5 de Novembro último día para efectúar unha reclamación -O 30 de Outubro tedes á vosa disposición o acceso ao Censo Electoral Provisional -Asemblea extraordinaria: 25 outubro. Constitución Xunta Electoral
17.12.2019
Este ano gustaríanos felicitar as festas con algún debuxo dos nosos socios máis novos. Animádevos a participar e enviade os vosos debuxos sobre o que representa o Club para vós, as festas de Nadal...Os tres debuxos ganadores recibirán un agasallo e o primeiro será o elixido para felicitar as festas aos socios.Podedes deixar os vosos debuxos na Secretaría do Club ou envialos a administracion2@celtas.net Dada límite: 17 de decembro
07.01.2019
As montañas chámannos, A nosa ilusión: compartilas. O 2019 abre paso a innumerables percorridos, esperamos contar coa vosa participación, coa vosa imprescindible axuda e coa vosa infinita ilusión. COMPARTE MONTAÑISMO!!!
22.12.2018
Para rematar ben o ano e empezar as festas cos petos un pouco máis cheos este ano contamos con participacións de lotería. O número elixido é o 57751! Non quedes sen ela! Participacións de 5€ disponibles no club.
21.10.2018
LUGAR: Galiñeiro SAÍDA: 10:30H ERMIDA DAS NEVES CHEGADA: 15:00H ERMIDA DAS NEVES O domingo 21 de outubro agardamosvos para participar na VII Andaina pola Protección do Galiñeiro. Haberá dúas rutas, unha duns 10km cunha dificultade media-baixa e outra alternativa de só 6km á que podedes vir cos nenos. Durante a andaina o noso socio e amigo, Sechu López, lerá un manifesto. Recoméndase levar calzado e roupa cómoda, auga e comida para xantar todos xuntos ao remate. Para os que queiran, haberá bocatas e churrasco para comprar alí. Contamos coa vosa participación!
06.10.2018
Ainda quedan algunhas prazas para o NEPAL2018. Estanse ultimando os detalles para pechar a viaxe, na próxima semana tramitaranse os billetes de avión. EN MENOS DE UN MES PARTEN OS E AS PARTICIPANTES DAS TRES RUTAS PREVISTAS, DESEXÁMOSLLE MOITA AVENTURA, IDE PENSANDO NA PRIMAVEIRA, É UNHA BOA ÉPOCA PARA REALIZAR ESTAS RUTAS OU ALGUNHA OUTRA QUE SE PROPOÑA. ANIMÁDEVOS!!! Os proxectos propostos son: - O OUTRO NEPAL: "Celtas Peak" e PIKEY (4063m), datas previstas 5 outubro a 20 outubro (QUEDAN 3 PRAZAS) - SENDA MANASLU, datas previstas 19 outubro a 8 de novembro (QUEDAN 3 PRAZAS) - ALTO MUSTANG, datas previstas 8 de novembro a 27 de novembro (QUEDAN 3 PRAZAS) Ademáis proponse outras rutas á medida dos participantes, como exemplos: Mera Peak, Tres Collados, Lago Phewa, Langtang e Tamang Heritage, a ir pensando para a primaveira e outono do próximo ano. Non deixedes pasar a ocasión!!!
07.07.2018
DATAS: 7 e 8 de xullo LUGAR: Ría de Vigo Un ano máis convocámosvos para pasalo ben na xornada dos días 7-8 de xullo desenvolvendo actividades moi diversas que nos permitirán “saborear” a nosa Ría a través de diferentes modalidades deportivas: 1.Cruzaremos a ría de Vigo en kaiak dende a praia de O Bao. 2. Introducirémonos unha fermosa furna, facendo así un chisco así, á espeleoloxía e a o mundo soterrado, onde o mar é o protagonista. 3.Escalaremos algunha das vías de escalada en Donón, deixándonos seducir por unha espectacular pasaxe. 4.Camiñaremos por vilas, aldeas, e campos descubrindo fermosos recunchos. 5.Cruzaremos de novo a Ría, pero esta vez nadando preto da Ponte de Rande, e finalmente 6.Coa bicicleta e a golpe de pedal chegaremos ao noso refuxio no Monte Aloia. Como noutros anos teremos apoios loxísticos durante o desenvolvemento das actividades. Como sabedes podedes anotarvos a todas as actividades ou parcialmente á que sexa do voso interese. Requisito imprescindible: Moitísimas ganas de pasalo ben PREZOS: Actividade completa: Socios entre 18-35 años: 35€ Non socios entre 18-35 años: 50€ Socios máis de 35 años: 45€ Non socios máis de 35 años: 60€ Para as persoas que non fagan a actividade completa os prezos son os seguintes: Participación en todas ou parte das actividades do 1º día (kaiak, furna, escalada e sendeiro): Socios 30 €; non socios 35 € Participación en toda ous parte das actividades do 2º día (natación e bicicleta): socios 20 €; non socios 25 € * No prezo inclúese o aluguer da piragua, material para realizar a actividade de espeleoloxía e escalada, transporte da bici desde a praia do Bao hasta o inicio da actividade de BTT en Rande, obsequio recordo de participación na actividade, autobús Monte Aloia- Praia do Bao- local social, avituallamentos líquidos e sólidos ao longo da proba, comida e cea do sábado e almorzo e comida do domingo. O número máximo de participantes na actividade de kaiak é de 55 persoas, polo que terán preferencia nesta actividade, en primeiro lugar, as persoas que se anoten a todas as actividades, e en segundo lugar, os que se anoten ás actividades do 1º día completo.
1 2 3 4 5 6 7 8 9



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net