Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
21.09.2012
(Comezo 19:30 horas)- “O esquí na montaña”. Marcos Rodríguez e Fernando Fernández, organizadores das actividades de esquí do Club.“A escalada e Club Montañeiros Celtas”. Antonio Suárez, Iago Rodríguez. Comezo, desenvolvemento e futuro da escalada no noso Club Os horarios das conferencias serán: de 19:45h a 21h, no salón de actos da Casa da Cultura Galega, na praza da Constitución.
20.09.2012
Antonio Fernández (Cholo). Numerosos cumes de Europa e África e dedicación ao ensino e difusión do montañismo. Os horarios das conferencias serán: de 19:45h a 21h, no salón de actos da Casa da Cultura Galega, na praza da Constitución.
19.09.2012
Andrés Fraga e Juan Vei-ras (Coru). A aventura desde o punto máis setentrional do continente europeo ata Compostela. Os horarios das conferencias serán: de 19:45h a 21h, no salón de actos da Casa da Cultura Galega, na praza da Constitución.
14.09.2012
14 de setembro, venres.- “A espeleoloxía e Club Montañeiros Cel-tas” Carolina Rodríguez e Daniel Ballesteros. Pasado, presente e fu-turo; ciencia e deporte nesta disciplina.
13.09.2012
13 de setembro, xoves.- “Os inicios do montañismo e os come-zos do Club. Historia”. Antonio Veiga. Imposible resumir tan extensa traxectoria e currículo. Ademáis: Inauguración: día 13 ás 19 horas Exposición de material do club e cedido polos socios que mostra a evolución de Club Montañeiros Celtas. Desde as primeiras roupas e cordas, desde o primeiro calza-do,… desde os comezos, alá por 1942, cando éramos a Sección de Montaña do RC Celta, os materiais, os medios, as miras,… foron evolucio-nando ata os nosos días, e continúan nesa evolu-ción na que os amantes da montaña somos e sere-mos principais protagonistas. Na exposición pretendemos mostrar, nesa evolución, as nosas lembranzas, ese ma-terial ao que lle temos tanton agarimo: roupa, cordas, cascos de escalada, mos-quetóns, reguladores de mergullo, cascos de espeleoloxía,…
25.05.2012
A gran familia Montañeira Celta quere celebrar con Sechu os seu logro no Himalaya, a ascensión ao Annapurna o día 06 de maio de 2012. O venres día 25 as 21 horas no Clube, cada un traerá algunha vianda para pasar unhas horas compartindo compaña, conversas e felicitacións mútuas. Todo o Club está de noraboa. Esperamosvos!!! A xunta directiva.
05.11.2011
Haberá unha homenaxe a Juan Bautista Álvarez, socio falecido o 22 de setembro deste ano. O acto será no Monte Galiñeiro o día 5 de novembro, sen hora confirmada. Máis información próximamente.
28.05.2011
A vida da voltas, e ás veces tórcese..iso foi o que lle aconteceu ao noso amigo, irmán e compañeiro do clube Guillermo de Oca Montero, Guille, que participaba no Campamento Galego de Descenso de Canóns en Mondoñedo o pasado día 28, cando sufríu un esvarón accidental durante o descenso do canón do Rego da Augalva, que rematou coa súa vida, e trocou as de todos aqueles que o coñeciamos, xa que era unha magnífica persoa e un grandísimo amigo. Isto é un gran baixón no mundo da montaña galega. Non me saen as palabras para describir a dor dos seus seres queridos.. A vida segue e hai que asumilo. Ós que o acompañaban nese descenso, Carol, Gelo, Iago e Miguel non lles aconteceu nada, e vendo a imposibilidade de facer nada por él, chamaron aos servizos de emerxencia en canto foi posible, sendo rescatado o corpo sen vida do noso amigo polo helicóptero Pesca 2 que realizou un rescate limpo e sen complicacións. O seu corpo foi velado no tanatorio Vigo Memorial, onde o lúns 30 ás 17:00 se lle fixo unha ceremonia civil de despedida multitudinaria. Guille se puideras ver ese momento, estarías orgulloso da inmensa cantidade de xente que te quere e que quixo despedirse de ti. Nada voltará ser o mesmo sen ti. Con isto despedímos a un gran deportista, amigo e montañeiro que morreu demasiado xove, pero que aproveitou a súa vida ó máximo. Querémoste Guille, sempre estarás con nós.
1 2



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net