Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
31.03.2020
Antonio Veiga naceu no 1935 e formou familia con Sara Ferro e dous fillos: Antón e Sara. Faleceu o día 9 de marzo deixándonos un gran legado humano e montañeiro. No 1935, aos nove anos realizou a súa primeira excursión á montaña o 22 de xullo de 1945 cos seus irmáns José e Chito, isto levouno a ingresar no club en 1947 sendo o número 116 da categoría infantil. Ten un arquivo clasificado na súa maioría que contén 84.000 fotografías e diapositivas e arquivadores con fichas das actividades realizadas. Da súa historia montañeira imos destacar que realizou as seguintes ascensión: 11 montañas de máis de 5000m, sendo catro primeiras ascensións españolas, e dúas son segundas ascensións españolas. Ascendeu 20 montañas entre 4000-5000m sendo cinco Primeiras escaladas españolas. Dos cumios de 3000-4000m. ascendeu 105, realizando once Primeiras escaladas españolas. O seu primeiro 3000 foi no ano 56, o Monte Perdido, no 58 ascendeu ao Mont Blanc o seu primeiro 4000, no ano 1966 realizou o seu primeiro 5000, o Leopard Pont, tamén resaltamos a ascensión ao Kilimanxaro. Todas estas ascensións realizounas co seu irmán Chito. En escalada hai que resaltar innumerables vías abertas na Serra do Galiñeiro como Risco Centinela, Espolón da Lúa chea, Cornos do Demo, en Budiño II Risco parede a Calavera primeira vez que se usaron clavizas de expansión en Galicia, Parede a calavera, Risco Celtas. En Castelo de Cans vía Mirabel e vía Tacos, en San Cibrán: o Queso, a manzana, en Illas cíes Cota das Gaivotas e Monte Faro, na serra do Xalo Petón do Xalo, en Estacade Bares o Farallón. Escaladas por primeira vez en Encina da Lastra, Peña Rubia, Xurés e Anamán e Peneda en (Portugal) En espeleoloxía foi pioneiro en Galicia abrindo o camiño no Cebreiro, O Courel e Encina da Lastra. As cordilleiras da península e as insulares tiveron a súa presenza en varias ocasións sen quedara ningunha que non visitara e explorara, ascendendo aos cumios máis importantes de todas elas. Fora de España realizou actividade en Andorra, Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Gran Bretaña, Irán, Italia, Kenya, Marrocos, Portugal, Suíza, Tanzania e Uganda. En primeiras ascensións destacan: ano 1951 Mustallar e Cuiña, primeira invernal, no 1957 Portellín a vía norte con xeo e Crestería Miravalles primeira cordada invernal, en Peña Trevinca a Pena Surbia no 65, arista desplome 1ª Vía, e Pena Negra no 70 1ª Vía. Penedos de Oulego vía norte no 64 1ª vía invernal. Fontefría norte no 62, en Xurés 1ª absoluta, Cilindro do Xurés no 70. Peña Ubiña no 59 1ª ascensión invernal, Peña Rubia no 63. No 56 Monte Perdido, Aneto, Gran Encantat, no 58 Peña Ligüerry….no 68 Monte Perdido vía Galciar Norte e Balaitús. En 71 Casco de Marboré….en Picos de europa Torre Carnizoso no 61, Naranjo de bulnes….Fraile de Capileira no 65 e Mulhacén, Almanzor no 71, Teide no 67…No 73 Alpes de Tirol con Sara Ferro no 73, Brasil no 74, Mont Blanc no 58 e midi d’Ossau, Picos Albos en Portugal vía Este no 66 e hirman Grande vía O e Leito da Rainha vía e no 70, todas primeiras absolutas. Cervino e Monte Rosa no 58. 1ª expedición ao Atlas no 64 Toubkal, Travesía Sahara Marroquí. No 69 II expedición Atlas Tazarhart primeira vía española, no 66 expedición Kilimanxaro varias primeiras escaladas españolas, no 72 expedición ao Damavand Irán. No 70 foi profesor no II curso Nacional de Escalada da ENAM en Estós. No 99 asistiu a X Reunión escaladores veteranos grupo de alta montaña español, asistencia a 17 campamento de alta montaña da FEM, no 69 representou a España en Bélxica na Reunión internacional de la juventud de la Unión internacional e asociacións de Alpinismo. Esquí, entre o 62 e 86 Porto Pajares, Trevinca, Ancares, Manzaneda, Formigal, Cebreiro, Navacerada, Ubiña, La Pinilla, 64 subiu con peles de foca o Mustallar pola cara norte, no 74 Pena Surbia e 1ª Travesía Regional de Esquí de montaña da FGM. A fotografía e a arqueoloxía foron outras das súas paixóns, participou en innumerables concursos de fotos recibindo diversos premios, expuxo en numerosas salas, impartiu cursos de fotografía no Club. En arqueoloxía participou en numerosos congresos e escavacións. Foi socio fundador e vogal da primeira xunta directiva da Asociación Arqueolóxica Viguesa fundada no ano 1989. Ademais suma ao seu currículo innumerables publicacións tanto de fotos como reseñas sobre montañismo, escalada, arqueoloxía, etc. Antonio Veiga González deixa un baleiro na súa familia, na súa familia Montañeira e en toda a sociedade, pero seguirá nos nosos corazóns.
23.12.2017
Entrañable a homenaxe a Antonio Veiga, a sala chea de amigos, socios e non socios. Alí estaban tamén representantes das presidencias da EGAM, da FGM e das presidencias do Club para entre todos facer que o acto tivera presentes gran parte das facetas desempeñadas por Antonio ao longo da súa vida montañeira. Aquí tendes un artigo de prensa do 20 de decembro. Felicidades Antonio!!
14.12.2017
DATA: 14 de decembro LUGAR: Fundación Barrié, Policarpo Sanz, 31 (Vigo) HORA: 20:00h. Antonio Veiga, socio más antiguo de Montañeiros Celtas, foi alta no ano 47, unha vida enteira e longa adicada á montaña e a seu mundo, e por suposto ao seu querido Club. Club Montañeiros Celtas quere rendirlle unha pequena homenaxe a tan grande traxectoria e vida montañeira. Animádevos a acompañalo neste entrañable acto!
04.02.2015
Traémolo a tódalas mentes coas fotos recentes, como mostra, da Poza de Piñeiro, das charcas, pozas e turbeiras da querida Serra do Suido, para que sigan sendo humidais por moitos séculos máis.
29.11.2013
O día 28 de maio do 2011 un fatal accidente realizando descenso de barrancos, levounos a Guille, Guillermo de Oca Montero, máis segue connosco en cada momento, en cada actividade, compartindo e mostrándonos o seu sorriso de complicidade. O día 29 de novembro, na facultade onde cursaba estudios, inauguran un rocódromo que levará o seu nome. O acto será ás 12 h. no salón de grados da Facultade de Ciencias da Educación e Deporte, en Pontevedra. Quedades convidados a asistir para unha lembranza colectiva do noso moi querido amigo. Club Montañeiros Celtas
18.10.2013
A partir das 20:30 horas hai tarta para celebrar o 8000 de Sechu e do Club.
23.02.2013
Unha vez máis a cea anual do club sirve para xuntármonos nun día especial, e agasallar todos xuntos aos socios que cumpren 25 e 50 anos de asociados. Ben merecen todos eles esta pequena reunión. Animádevos!! Este ano estreamos lugar, que esperamos que sexa do voso agrado. DÍA: 23 DE FEBREIRO 2013 HORA: LUGAR: RESTAURANTE MAR DE VIGO c/ Jacinto Benavente s/n (Edificio de Congresos) Despois da cea haberá música para amenizar as sobremesas. ÚLTIMO DIA da reserva o 18 de febreiro. PREZO: 31 EUROS MENÚ: Entrantes Culleriña de mexillón en vinagreta Mini croquetiñas Canastilla de ensaladilla Lagostinos á prancha Prato Principal ( a elixir) Entrecot de tenreira con patacas duquesa ou verduriñas de temporada Ou rape ao forno estilo Mar de Vigo Sobremesa Mini mouses variados menú vexetariano: - Ensalada Mar de Vigo con rulo de cabra - Risotto de boletus - postre o mesmo. Bebidas Albariño e Mencía Cervexa Refrescos Auga Café e licores ÚLTIMO DIA da reserva o 18 de febreiro. ESTE ANO OS HOMENAXEADOS SON CUMPLEN 50 ANOS (Ano alta 1963) Antonio M. Núñez Navarro Lorenzo Álvarez Ruíz Marco Antonio Gómez Martínez Mercedes Vieitez Pereira Octavio Noya Vieitez CUMPLEN 25 ANOS (Ano alta 1988) Adrián González Abraldes Alejandro Rodríguez Iglesias Ana Rosa Rodríguez Riveiro Emilio Docampo Vidal Enrique González Cameselle Fernando Casal García Jose Luís Camaño Portela Jose María Caeiro Rodríguez Josefina Álvarez Andrés Montserrat Figueirido Muíños Pedro Aragüena Paredes
28.09.2012
O horario será ás 20:30 no auditorio do Concello, na Praza do Rei. A derradeira conferencia, e que porá remate ao ciclo com-memorativo será no Auditorio Municipal (Praza do Rei) ás 20:30 horas. 28 de setembro, venres.- “Co Himalaia no horizonte” Sechu López, con dous oitomiles na mochila, primeiro galego en acadar o Anapurna (este ano, e adicado ao 70 aniversario). “Xeo, por todas partes, xeo” Chus Lago . Himalaia, Leopardo das Neves e Antártida son algúns dos seus obxectivos acadados e os seus referentes.Os socios oitomilistas deleita-rannos coas súas experiencias extremas. O horario será ás 20:30 no auditorio do Concello, na Praza do Rei.
27.09.2012
“Mergullo: a exploración do fondo do mar”. Eutimio Rodríguez, Miguel Boquete. Exploración de longo e de curto recorrido de Eutimio e de Miguel, pasado e futuro do club nesta actividade. Os horarios das conferencias serán: de 19:45h a 21h, no salón de actos da Casa da Cultura Galega, na praza da Constitución.
26.09.2012
Animádevos a vir a cantar as cantigas da Operación Benxamín!! “Bici de montaña: Outra forma de disfrutar da natureza”. Pedro Rodríguez e Carlos Arca. Pedaleando coa historia e as palabras nesta disciplina da montaña. “Operación Benxamín”. Antonio Álvarez e Cristina López. Os comezos, as vi-vencias, os obxectivos e os resultados desde hai máis de 40 anos Os horarios das conferencias serán: de 19:45h a 21h, no salón de actos da Casa da Cultura Galega, na praza da Constitución.
1 2



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net