Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
25.02.2020
FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO LICENCIAS DEPORTIVAS 2020 Xa pode tramitarse a licencia deportiva para o ano 2020. Ten validez por ano Natural do 1 de xaneiro ao 31 de decembro. Como sabedes, estar federado dá dereito, entre outras vantaxes, a: Participar nas actividades federativas Participar nos cursos EGAM Usar os refuxios galegos a prezos reducidos Participar en competicións oficiais da federación As licencias deportivas conteñen un seguro de accidentes que cubre os accidentes sufridos na práctica do teu deporte segundo a modalidade elixida. Infórmate nas oficinas do Club das condicións particulares e descontos de licencias para as nosas socias e socios. Fedérate!!!
25.02.2020
FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA LICENCIAS DEPORTIVAS 2020 Xa pode tramitarse a licencia deportiva para o ano 2020. Ten validez por ano Natural do 1 de xaneiro ao 31 de decembro. Como sabedes, estar federado dá dereito, entre outras vantaxes, a: Participar nas actividades federativas Participar nos cursos da Escola Usar os refuxios galegos Participar en competicións oficiais da federación As licencias deportivas conteñen un seguro de accidentes que cubre os accidentes sufridos na práctica do teu deporte segundo a modalidade elexida. infórmate nas oficinas do Club das condicións particulares e descontos de licencias para as nosas socias e socios. Fedérate!!!
01.02.2020
ORGANIZA: FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO E CLUB MONTAÑEIROS CELTAS DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN: 1 DE FEBREIRO DE 2020 Villablino (León) - Somiedo a La Cueta  Travesía entre O porto de Somiedo - Cueta Lugar da actividade: Travesía entre O porto de Somiedo - Cueta Lugar da partida: Santa María do Porto de Somiedo 1.480 m. Lugar de Chegada: A Cueta 1.446 m. Data actividade : Sábado 1 de Febreiro do 2020  Altitude máxima:069 m. Penachana Desnivel : 960  positivos 1.000 negativos Horario previsto: esquí: 5 h, raquetas:  5 h Compromiso: forte Orientación: SE – SO Mapa: Parque Natural de Somiedo, A babia e Laciana Norte 1:25.000(andrados) Dificultade: AD (Algo difícil)  Roteiros que entran xa no ámbito de Esquí de Montaña, pasaxes técnicos, pendentes longas de 35º, con tramos curtos de 40º-50º , a exposición xa é importante. Para raquetas dificultade media con experiencia en roteiros de sendeirismo e montañismo. Capaz de andar 4 – 6 horas en ascenso percorrendo 600 m a 900 m de desnivel con mochila, sen esquecer o descenso. Lonxitude total percorrido : 13   Pendente máxima: 45º pasaxe SO Penacha Descripción actividade: Iniciamos o roteiro no amplo camiño que parte do extremo norte de Santa María do Porto Somiedo, , adentrándose polo NE  do Val de Ordial , colado dos pozos Fordachana e dende alí as ladeiras orientadas a SE , pasando por el Putracon 1.913 m. podemos alcanzar a Cima da Peña Salgada,. Dende alí a primeira baixada pola loma meridional  do Pico, chegando ao fondo do Val de Brañaqueimada. Dende alí iniciase o ascenso ao Penecha 2.069 m. pasando polo Alto do Rañadoiro 1.747 m., se fai una travesía horizontal a dereita, sen perder altura, e pasa por enriba dunha cabana para subir directamente cara a unha marcada canle profunda e estreita, facela con crampóns e piolet e os esquís na mochila, se é necesario. Existen varias líneas de descenso, canta máis ao SE son máis fáciles. Despois ven un camiño máis relaxado que percorre todo o val ata chegar a Cueta. Hora saída: 09:30 horas dende o aparcadoiro preto do restaurante O Coronel Porto Somiedo. Procurar chegar con tempo xa que non se retrasa a hora de saída, xa que teremos problemas para conseguir sitio para aparcar os vehículos. Loxística de vehículos: Deixaremos un par de vehículos na Cueta antes da actividade, a primeira hora, que trasladaran despois aos conductores dos outros vehículos que están no punto de saída no Porto de Somiedo. Material: Deberá levarse material propio para unha actividade de alta montaña en inverno.  Débese revisar que o material de esquí e raquetas está en bo estado. Gorro, luvas, polainas, roupa de abrigo e impermeable, gafas de factor 3 ou superior, crema protectora, frontal, comida, bebida. Material adicional: Piolet e crampóns. Obrigatorio material de seguridade de esquí de travesía: ARVA, pala e sonda.  Cambios na actividade: A organización pode cambiar ou suspender a data e o lugar da actividad en función das condición metereolóxicas e da neve. Albergue: dúas noites (venres e sábado) con almorzo a 43,50€ A cea do sábado custa 10,90€ pode encargarse aparte e temos que confirmar o número de persoas. Camping Laciana Natura. Dirección: CL-631, 63, 24112 Villablino, León Teléfono: 620 28 70 72. Temos reservadas 30 prazas. Inscripcións :  Enviado a ficha de inscripción cos datos a  Club Montañeiros Celtas ou neste enlace. Avisos a os participantes: Se abrirá un grupo de Whatsapp, para avisar a os participantes de posibles cambios de data, ou ruta. Obrigatorio: Ficha Federativa en vigor ano 2020.
16.11.2019
DATA: 16 de novembro LUGAR: Recinto Expourense HORA: a determinar O “Campionato Galego de Escalada de Bloque” está composto por unha única proba. Durante a proba aplicarase o regulamento de escalada da FGM que é o mesmo que aplica a FEDME para o ano 2019. As categorías por xénero Senior Sub – 18, todos aqueles e aquelas que cumpran os 16 ou 17 durante o 2019. Sub – 16, todos aqueles e aquelas que teñan os 12 anos cumpridos o día da competición e que como máximo cumpran os 15 anos durante o 2019. É necesario enviar a autorización para a participación de menores. Do resultado da competición sairán os campións e campioas de Galicia en Escalada de Bloque por categoría e xénero. O prazo de inscrición rematará o luns día 11 de novembro as 14 horas, ou ben, esté cheo o cupo de competidores ou competidoras por categoría. É obrigatorio ter a licencia deportiva do ano en curso no que se celebra o campionato coa cobertura na área de escalada. A licencia pode ser autonómica FGM ou nacional FEDME.
25.10.2019
Data: 25 de outubro Hora: 20:00h Lugar: Local Social ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA ELECCIÓNS Lembramovos que estades convocados á Asamblea Xeral Extraordinaria Eleccións que se celebrará este venres día 25 de outubro ás 20:00 en primeira convocatoria e 20:30 en segunda, no local social da nosa entidade sito en Avda de Camelias, Nº 78, oficina K, coa seguinte Orde do Día: Eleccións á Presidencia do Club Aprobación das datas do calendario do proceso electoral Nomeamento da xunta electoral Para ter dereito a voto hai que ter dous anos de antigüedade no club e ser maiores de 18. Contamos coa vosa asistencia,
19.10.2019
O sábado 19 de outubro a FGM celebrará o "Campionato Galego de Dificultade 2019", no rocódromo do Pazo de Feiras da cidade de Lugo. O campionato supón a inauguración oficial do rocódromo de Lugo, que como xa sabedes, terá posibilidades de acoller competicións de formato olímpico. Nós comezaremos cun campionato de dificultade, modalidade que non podíamos desenvolver de acordo cos estándares actuais. Poderán participar no campionato todas e todos os escaladores con licencia deportiva autonómica ou FEDME que teñan cobertas a especialidade de escalada, nas categorías senior e sub-18, feminina e masculina. A programación básica será a seguinte: 10h: comezarán as clasificatorias que se desenvolverán durante toda a mañá. No caso dunha elevada participación, adiantarase o comezo da clasificatoria as nove. 18h: comezarán as finais de onde sairán as campioas e campións galegos de dificultade do 2019. A entrega de premios celebrarase despois da publicación das clasificacións. Anímadevos a participar
21.09.2019
DATA: 21 e 22 Setembro 2019 Lugar: Refuxio de Torre Barrio – Ruta Lagos de Saliencia ( podría modificarse ) Data inscripción: ata o 16 de setembro A SECIÓN INFANTIL convídavos a participar no campamento Infantil-Xuvenil da Federación Galega de Montaña: XLIX CAMPAMENTO INFANTIL-XUVENIL POR MONTAÑA, organizado por AMI e FGM. A Federación facilitará o traslado dende Vigo e outro dende A Coruña, cun autobús que realizará un percorrido por diferentes lugares. Programa Día 21 _ 13:00 Inauguración, presentacións e repartición de espazos. _ 14:00 comida _ 16:00 xogos de presentación _ 18:00 roteiro polas proximidades _ 20:30 cea _ 21:30 velada: xogos cooperativos _23:00 aseo _ 23:30 silencio Día 22 _ 8:30 espertar e aseo, recollida do refuxio _ 09:00 almorzo _10:00 saído roteiro _ 13:00 Comida _ 16:00 final roteiro e regreso A cea do 21 e almorzo 22 poñerao a organización. Os participantes levarán a comida do 21 e 22. Tamén levarán o necesario para durmir no refuxio (saco), útiles de aseo e para o roteiro (calzado adecuado, gorra, chubasqueiro, cantimplora, etc), así como o necesario para o almorzo e comida (cunca, prato, garfos) Anímadevos!
08.09.2019
DATA: 8 de Setembro LUGAR: San Clodio - Ribas de Sil SAÍDA: 07h30 de Praza de España CHEGADA: 20h30 a Praza de España Tendo presente a importancia da recente declaración de Parque Xeolóxico das Montañas de O Courel pola Unesco, decidimos que a mellor maneira de rendirlle homenaxe a estas terras é organizar alí a Marcha Galega de Montañeiros Veteranos o día 8 de Setembro. Esta actividade está reservada a federadas e federados pola Federación Galega de Montañismo e que teñan máis de 40 anos. Programa Día 8 9h15: Recepción Participantes 9:30h: Comezo XXX Marcha Galega Montañeiros Veteranos 14h45: Xantar Conxunto 17h30 Entrega de Agasallos e clausura A ruta é circular de case 15km e realizarase polo PRG180 que discrure pola beira do Sil a carón do gran meandro de A Cubela, polos bosques de castiñeiros e prados de Castro, Moreiras e Torbeo. Prezos - Autobús: 10€ - Xantar:12€ O día 7 propoñemos unha actividade opcional que consiste nun pequeno roteiro para visitar a Mina do Covallón que comezará ás 16h. - Aloxamento: en Pavillón de deportes e en hotel. O prezo no Pavillón é de balde por xentileza do Concello de Ribas de Sil. O prezo en Hotel: cuarto doble 33€ cuarto individual: 22€ Non hai transporte organizado para os que queiran ir o día 7, polo que terán que ir polos seus medios. ANÍMADEVOS!!
21.07.2019
DATA: 21 de Xullo HORA: 9H30 LUGAR: Río Cerves (Melón-Ourense) O Clube de Montaña Xistra en colaboración coa FGM organiza o XXV Descenso galego de Barrancos da FGM. Poderán participar unicamente montañeiors federados con Licenza Deportiva FEDME B ou superior que cubra esta actividade, coa experiencia mínima necesaria e que mostren condicións físicas adecuadas. Os deportistas deberán levar este material obrigatorio: casco, neopreno, calzado adecuado á actividade, arnés, 3 mosquetóns (Mínimo 1HMS e 2 máis que poden ser sen seguro), cabo de ancoraxe dobre e oito. Máis información no documento adxunto.
15.06.2019
DATA: 15 de Xuño HORARIO: Máis información proximamente LUGAR: PABELLÓN MUNICIPAL DOS REMEDIOS- OURENSE Este ano a Copa Galega de Escalada Base consta de tres probas: Vigo: 5 de maio, organizada por Club Montañeiros Celtas A Coruña: 26 maio, organizado por AMI Ourense: 15 de xuño, organizado por ASESOU Estes encontros van dirixidos a todas as nenas e nenos, mozas e mozos, escaladoras e escaladores dos diferentes Clubs de Galicia. As inscricións realizaránse a través do Club Organizador. As categorías de inscrición son: CATEGORÍA XÉNERO IDADE Prebenxamín Feminina e Masculino 6 – 7 Anos Benxamín Feminina e Masculino 8 – 9 Anos Alevín Feminina e Masculino 10 – 11 Anos Infantil Feminina e Masculino 12 – 13 Anos Cadete Feminina e Masculino 14 – 15 Anos Xuvenil Feminina e Masculino 16 – 17 Anos INSCRÍBETE O ANTES POSIBLE!!!
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net