Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
08.03.2020
Data: 8 de marzo Lugar: Monte Galiñeiro Hora comenzo: 11h en Area de Recreo de Vincios. Hora remate: 18,00h Xa queda menos para a agardada primeira Pequemarcha do ano. Como xa vai sendo tradición faremos unha bonita ruta polo Galiñeiro. Como xa sabedes o noso querido Galiñeiro sufriu moito nos incendios de outubro de 2017, así que en colaboración coa Comunidade de Montes de Vincios imos participar a que os nosos montes volvan ser de cor verde. O proxecto se chama o Bosque dos Nenos, son 6 héctareas de monte nos que están a plantar árbores e que serán un espacio protexido e un raio de esperanza para o noso futuro. O clube participará con 50 árbores( castiñeiros, cerdeiras e nogueiras).. Anímamosvos a que os que poidades participedes tamén mercando árbores que poderedes reservar no clube ao prezo de 3€ por árbore. Precios: Nenos menores de 2 anos 0€ Nenos socios: 1 euro Nenos non socios: 2 euros Adultos socios con licencia: 1€ Adultos socios sen licencia: 2€ Adultos non socios: 3€ -Árbores: 3€ por árbore E xa sabedes, a revisar que o calzado aínda vos serve, preparar a roupa, avisar á familia e amigos que tedes o día comprometido e ...poñedevos a soñar coa ruta.
07.02.2020
DATA: 9 de febreiro HORA: 16H LUGAR: Local Montañeiros Celtas O domingo 9 de febreiro agardamosvos no club para pasar unha tarde divertida xogando en familia. Será unha tarde para facer xogos de mesa e compartir. Haberá algúns xogos pero traede tamén algún dos vosos para compartir unha tarde diferente onde a diversión está asegurada. Non esquezades a merenda! Inscripción ata o 7 de febreiro.
15.12.2019
DATA: 15 de decembro LUGAR: Parque Forestal de Zamáns HORA: 11:00 Imos disfrutar dunha mañán de busca e recoñecemento de cogumelos da man do noso amigo Pedro da Zarrota. A actividade rematará sobre ás 14:00 h, aínda que se levades bocata poderemos rematar cun xantar todos xuntos. PREZOS: Socios: de balde Nenos non socios: 1€ Adultos non socios: 3€ Prazas limitadas. ANIMÁDEVOS A PASAR UNHA XORNADA DE BUSCA DE COGUMELOS!!!
09.11.2019
DATA: 9 de Novembro LUGAR: Monte Aloia COMEZO: 12H no Refuxio do Monte Aloia REMATE: 18h00 no Refuxio Debido a previsión metereolóxica imos modificar o programa da pequemarcha-magosto para o sábado. A cita será ás 12h no Refuxio do Monte Aloia Se o tempo o permite faremos unha rutiña ata os miradores e a carreira de orientación. O magosto e chicolate segue en pé, así que non vos esquezades das castañas (200gr por familia, co corte feito), xornais e da cunca para tomar o chocolate Comeremos todos xuntos no Refuxio (traede a vosa comida) e organizaremos campionatos de xogos de mesa. Podedes traer os que teñades na casa para compartir e xogar todos xuntos. ATENCIÓN: prazas limitadas. Por orde de inscrición. (que logo o chiculate non chega...) PREZOS: Nenos socios, 1 (menores de 2 de balde). Non socios: 2€ Adultos socios club: 3€; Non Socios: 5€.
20.10.2019
DATA: 20 de Outubro de 2019 LUGAR: Parque Nacional Illas Atlánticas - ILLAS CÍES SAÍDA: 10:45h (estar na estación marítima ás 10:15h) REGRESO: 19h de Cies A ver se se cumple o refrán e á terceira vai á vencida. Esta vez iremos pasar só o día xa que o camping esta pechado. Aproveitaremos para ver a illa no outono, realizaremos rutas á medida dos participantes, ollaremos aves e demáis bichos que se deixen ver, xogaremos, disfrutaremos do entorno e, sobre todo, da compaña. HAI QUE LEVAR: comida, auga, gorra, crema solar, toalla, roupa de abrigo, calzado axeitado para camiñar... e moitas ganas de pasalo ben. Non perdas esta ocasión, anótate!!! Prazas limitadas! PREZOS TRANSPORTE: Nenos ata 4 anos: de balde Nenos de máis de 5 anos: 4€ (socios) 6€ (non socios) Adultos: 12€ (socios) 15€ (Non socios)
21.09.2019
ACTIVIDADE CANCELADA POR MOR DO TEMPO DATA: 21 e 22 de SETEMBRO de 2019 LUGAR: Parque Nacional Illas Atlánticas - ILLAS CÍES SAÍDA: 10:45H da Estación Marítima (Hai que estar alí ás 10h15h) REGRESO: 19:h de Illas Cíes Unha vez máis achegámonos ás illas Cíes. Esta vez para festexar que remata o curso e comeza o verán quedaremos a durmir no camping das Illas Cíes. Realizaremos rutas á medida dos participantes, ollaremos aves e demáis bichos que se deixen ver, xogaremos, disfrutaremos do entorno e, sobre todo, da compaña. HAI QUE LEVAR: Tenda de campaña, sacos de durmir, esterillas, comida, auga, gorra, crema solar, toalla, roupa de abrigo, calzado axeitado para camiñar... e moitas ganas de pasalo ben. Non perdas esta ocasión, anótate!!! Prazas limitadas! PREZOS TRANSPORTE: Nenos ata 4 anos: de balde Nenos de máis de 5 anos: 5€ (socios) 6€ (non socios) Adultos: 12€ (socios) 15€ (Non socios) PREZOS CAMPING: Nenos ata 4 anos: de balde Nenos de máis de 5 anos: 5€ (socios) 7€(non socios) * O segundo irmán socio non paga o camping. Adultos: 7€ (socios) 9€ (Non socios) Tenda de campaña: 8€ (socios) 9€ (non socios) *Hai que levar a tenda de campaña!!! PRAZAS LIMITADAS!!
29.06.2019
DATA: 29 de Xuño SAÍDA: 11H do Club (rúa Camelias) CHEGADA: +- 20H a estación Marítima de Vigo Para darlle a benvida o verán e xa que non puidemos ir ás Illas Cíes este sábado iremos visitar a Illa de San Simón. Quedaremos enfrente do Club (na rúa Camelias onde o parque) as 11h. Alí nos subiremos ao autobús que nos levará ao Museo Meirande, onde coñeceremos historias sobre piratas e a batalla de Rande. Despois de visitar o Museo, comeremos todos xuntos e xogaremos mentres que agardamos polo barco que nos levará á Illa de San Simón. Alí faremos unha visita guiada desta pequena pero incrible illa que agocha moitas historias... Ao rematar, volveremos coller o barco que nos levará de volta a Vigo. Non vos esquezades da comida, auga, gorra, crema solar e de ganas de pasalo moi moi ben!!! Prazas limitadas Data límite de inscripción o 27 de xuño PREZOS: NENOS SOCIOS: 5€ NENOS NON SOCIOS: 7€ ADULTOS SOCIOS: 10€ ADULTOS NON SOCIOS: 13€
25.05.2019
DÍA: 25 de Maio HORA: 11H30 LUGAR: Praia de Menduiña (Aldán) O vindeiro 25 de maio nunha actividade dirixida por Greenpeace trataremos a problemática medioambiental que supón o uso masivo de plásticos de usar e tirar e plantearemos alternativas a este modelo. Para apreciar este impacto en primeira persoa realizaremos unha recollida de lixo na praia de Menduiña e valoraremos os residuos atopados. Se o tempo e as condicións o permiten faremos unha pequena actividade ao rematar co lixo que nos atopemos. Despois desta actividade xantaremos todos xuntos na praia, colleremos forzas e faremos una pequena ruta pola zona. PREZOS: Nenos menores de 2 anos: de balde Nenos socios: 1€ Nenos non socios: 2€ Adultos socios: 2€ Adultos non socios: 3€ Contamos con vos!! Anotádevos:
04.05.2019
DATA: 4 de maio LUGAR: Bembrive SAÍDA: ás 11h REMATE: ás 18 horas XA NON QUEDAN PRAZAS!! O sábado 4 de maio, metidos de cheo na primaveira, realizaremos un roteiro de recoñecemento de plantas silvestres pola mañá, e pola tarde un obradoiro de cociña coas plantas silvestres recollidas. Contamos cos grandes mestres nesta materia: César Lema e Patricia Puga. O Club Montañeiros Celtas organiza esta actividade para socias e socios, e de xeito extraordinario nesta ocasión ábrese a non asociados. As condicións de participación e os prezos son establecidos por Montañeiros Celtas. PREZOS: Nenos: de balde Adultos socios: 3€ Adultos non socios: 4€ Obradoiro de cociña: 25€ por persoa (mínimo 10 participantes) Prazas limitadas!
14.04.2019
DATA: 14 de Abril LUGAR: Monte Cepudo HORA COMEZO: 10,30h no Monte Cepudo HORA REMATE: 17,00h. Seguimos a explorar os lugares da nosa contorna!!!! Esta vez imos ao Monte Cepudo que está situado a 527 m de altura na parroquia de Valadares. É un dos puntos de máis altura de todo o Concello de Vigo e é 20 m máis alto ca o seu monte xemelgo, o Alba. PREZOS: - nenos menores de 2 anos 0€ - nenos socios: 1 euro - nenos non socios: 2 euros - adultos socios con licenza: 1€ - adultos socios sen licenza: 2€ - adultos non socios: 4€ Máis información proximamente.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net