Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Bici de Montaña

16-17 setembro. BICI MONTAÑA: MACIZO DE TREVINCA
16-17 setembro. BICI MONTAÑA: MACIZO DE TREVINCA
Data:
16/09/2017
LUGAR: Vilanova-A Veiga (Ourense)
DATAS: 16-17 setembro
SAÍDA: sábado 16 setembro ás 8:00 h desde Concheiros
VOLTA: domingo 17 de setembro ao acabar a actividade e despois de comer, chegando a Vigo en torno ás 20:00h

Esta é unha saída de bici “montañeira” que se desenvolverá na fin de semana, realizando uns bonitos percorridos polo Macizo de Trevinca e o Concello da Veiga.

SÁBADO: Vilanova-A Ponte-Lagoa de Ocelo-Xares-Vilanova
Comezo da saída en torno ás 13.00. Duración da saída 6 horas. A comida realizarase durante o percorrido, polo que é convinte levar de comer.


DOMINGO: A Veiga-Encoro de Prada-A Veiga
Inicio da saída ás 10:00. Duración da saída en torno a 5h. A comida realizarase durante o percorrido, polo que é convinte levar de comer.

PREZOS:
Cea do sábado, durmir no refuxio A Folerpa e almorzo do domingo: 21,5 euros

Para o desprazamento das bicis vaise xestionar o aluguer dunha furgoneta, cuxos gastos se repartirán entre os participantes.


Data limite de inscrición:
13/09/2017



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net