Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

3-4 xuño. ACTIVIDADE DE MONTAÑA: TEIXEDAL DE CASAIO-TREVINCA
3-4 xuño. ACTIVIDADE DE MONTAÑA: TEIXEDAL DE CASAIO-TREVINCA
Data:
03/06/2017
DATAS: 3 e 4 de xuño
LUGAR: Pena Trevinca (Ourense)
SAÍDA: Sábado 3 de xuño ás 8:00 h, desde Praza de España
REGRESO: Domingo 4 de xuño ás 21:00 h
NIVEL DE DIFICULTADE: alta
PRAZO DE INSCRICIÓN: 30/05/2017

Saída de fin de semana polo Macizo de Pena Trevinca e o Teixedal de Casaio , co percorrido de travesía pero durmindo no Refuxio da Folerpa (Vilanova).

Sábado 3 de xuño: Saíndo de "La Cabrita" (1.896 m), realizaremos un percorrido polo Teixedal de Casaio, proseguindo polo Maluro (1.932 m) e baixando a Vilanova.

Domingo 4 de xuño: saíndo de Vilanova, subiremos ao Pena Trevinca (2.127 m) e seguiremos cordal en dirección norte, pasando por Pena Negra (2.121m) e Pena Surbia (2.116 m), para rematarmos en "La Cabrita".

Para desprazarnos ata a zona empregaremos coches particulares.
A durmida é no Refuxio da Folerpa (Vilanova), onde hai posibilidade de encargar cea e almorzo. Hai que levar saco de durmir.

PREZOS:
Aloxamento: 4,5 €
Cea: 13 €
Almorzo: 3,5 €
Nota: As persoas que se anoten teñen que indicar as opcións que queren reservar
Data limite de inscrición:
30/05/2017



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net