Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Cultural e MedioAmbiente

18 de abril: Saída en familia marcha nocturna Monte do Facho, na península do Hío
18 de abril: Saída en familia marcha nocturna Monte do Facho, na península do Hío
Data:
18/04/2015
Organiza:
Sección Cultura e Medio Ambiente
E despois de coñecer parte da costa do Morrazo, volvemos á península do Hío, pero esta vez cun novo reto.

Agora imos de MARCHA NOCTURNA. Partiremos da parroquia de Vilanova para ir percorrendo corredoiras ata chegar ó monte do Facho, onde poderemos, se as nubes o permiten, observar as estrelas, que para iso encargamos lúa nova, e unha ampla panorámica nocturna da ría e as illas Cíes.

Así, que xa sabedes, nesta ocasión non podedes esquecer a lanterna, a roupa de abrigo e por suposto as gañas de pasalo ben.

Os integrantes da Sección Infantil-xuvenil que queirades e contedes con autorización paterna para andar de noite por eses montes sabede que tamén podedes participar (senón lle tedes medo ás sombras da noite).

Esperamos contar con todos vós.

​Hora saída: as 20:00 horas dende Vilanova (O Hío) chamar o venres 17 de abril o Club (986 43 85 05) para concretar punto de saída.
Hora chegada: as 23:30 horas
Prezo: Socios adultos: 2€ Non socios adutos: 3€
Nenos socios: 1€ Non socios: 2€
Data limite de inscrición:
16/04/2015



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net