Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Cultural e MedioAmbiente

12 de abril: Pequemarcha Cabo Udra
12 de abril: Pequemarcha Cabo Udra
Data:
12/04/2015
Organiza:
Seccción Cultura e M. Ambiente
Día 12 de abril de 2015
Hora: 10:30h – 18:00h.
Lugar: Cabo Udra (Bueu)
Percorrido: Espazo natural de Cabo Udra
Prazo: último día para anotarse o 8 de abril.

Cabo Udra, espectacular paisaxe, lugar de Importancia Comunitaria, Zona de Especial Protección, espazo protexido, monumento xeolóxico, de ampla diversidade e riqueza botánica e faunística. Entre as rías de Aldán e Pontevedra.
Comezaremos na zona de esparcemento á entrada en Cabo Udra, visitaremos os chozos gandeiros (podedes traer lanterna), pasaremos entre os rochedos moldeados polo vento e auga, veremos as baterías defensivas, visitaremos a Aula da Natureza (paradiña para piscolabis), observaremos algunha ave, Ons e Onza e a ría de Pontevedra, pasaremos diante da antiga Salazón da Mourisca (en rehabilitación)....
Dependendo do tempo e vento xantaremos a poucos metros da saída: praia da Mourisca (orientada ao norte) ou praia do Ancoradouro (orientada ao oeste), e esto indica que virá ben a toalla, o bañador, a crema solar, o sombreiro, a sombrilla,…
Remataremos e xantaremos moi cerca da saída, polo que non hai por que levar o xantar (si algo para o camiño)
Para chegar: corredor do Morrazo ata o final. Alí collemos á dereita dirección Beluso. En Beluso collemos á esquerda dirección Cabo Udra (está sinalizado). Onde remate o asfalto hai un amplo aparcamento e mesas de pedra.

Precios:
- nenos menores de 2 anos de balde
- nenos socios: 1 euro (para o seguro)
- nenos non socios: 2 euros (para o seguro)
- adultos socios con licencia: 1€
- adultos socios sen licencia: 3€
- adultos non socios: 5€

Poden producirse variacións por mor da climatoloxía, ou outras causas alleas á organización, que serán anunciadas a través deste medio.
Data limite de inscrición:
08/04/2015



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net