Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Cultural e MedioAmbiente

NON QUEDAN PRAZAS 12 de Maio: VI Pequemarcha!! Illas Cíes LISTA COMPLETA
NON QUEDAN PRAZAS 12 de Maio: VI Pequemarcha!! Illas Cíes LISTA COMPLETA
Data:
12/05/2013
Organiza:
Club Montañeiros Celtas
NON QUEDAN PRAZAS LISTA COMPLETA


Esta vez vamos en barco!!! Faremos un percorrido desde o peirao ata a praia de Figueiras, para observar as dunas e as vistas sobre cabo Home e punta Subrido. Logo continuaremos atao lago dos nenos. Desde o paso veremos algunhas especies de peixes máis características deste lago. Continuaremos cruzando o campin cunha paradiña para ver e coñecer como é unha tenda de campaña (os nenos da sección infantil acamparán aí esa noite) ata chegar fronte á illa de San Martiño, Aquí observaremos, esperamos, variedade de cunchas. Xantaremos á sombra cerca do campin e organizaremos algún xogos na praia de Rodas, onde quen queira poderase bañar baixo o coidado dos seus nais/país. Non esquezades viseira ou similar, crema solar e bañador e toalla, e algo de abrigo para ir no barco, e tamén que non falte o xantar.
Marcha sinxela, circular, onde se pretrende pasar unha xornada cos máis cativos gozando todos na iniciación ás actividades ao aire libre.


Quedamos as 10:30 na estación marítima, xa que o barco sae as 11:00 horas
O regreso: Saímos as 19:30 das Cíes.
Límite para anotarse 08 de maio.


NON QUEDAN PRAZAS LISTA COMPLETA

Os prezos son os seguintes:
Nenos menores de 4 anos de balde. Socios entre 4 e 9 anos 8€ Non socios 9€
Socios maiores: 10€ Non socios 13€
Data limite de inscrición:
12/05/2013



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net