Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Espeleoloxia

3-4 de Decembro de 2011
XV Campamento Infantil-Xuvenil da Federación Galega de Espeleoloxía
Data:
03/12/2011
Organiza:
Club Montañeiros Celtas
Colabora:
Federación Galega de Espeleoloxía
Un ano máis o G.E.S. Montañeiros Celtas renova o seu compromiso cos máis novos e organiza en Pedrafita do Cebreiro (Lugo) a actividade do calendario oficial da F.G.E., na que os máis cativos son os protagonistas da actividade espeleolóxica.

O lugar elexido reúne un entorno envidiable e moitas covas, así que esperamos que disfrutes de todo o que te temos preparado.

PROGRAMA:
-Sábado 3 de Decembro:
12.30h Recepción no pabellón de Pedrafita do Cebreiro (Lugo).
13.30h Xantar e preparación do material para cova.
16.00h Entrada en cova.
20.00h Regreso ao pabellón.
21.00h Cea e velada.

-Domingo 4 de Decembro:
9.00h Erguida e almorzo.
11.00h Entrada en cova.
15.00h Regreso ao pabellón, recollida e limpeza.
16.00h Clausura.


REGULAMENTO:
O campamento instalarase no pabellón do Concello de Pedrafita (Lugo) os días 3 e 4 de decembro de 2011.
Para participar é preciso estar en posesión da LICENCIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA en vigor, así como autorización paterna/materna ou do titor legal.

Tódolos participantes deberán levar:
Saco, esteira, roupa e calzado de recambio, roupa de abrigo...
Comida agás as proporcionadas pola organización (cea do sábado e almorzo do domingo), garfo, culler, prato e cantarillo.
Casco e carbureiro (e equipo de vertical si se ten).
Roupa para a cova (mono de tela, cordura ou roupa vella).



A Comisión Organizadora non se responsabiliza de calquera accidente.
Os casos non previstos no presente Regulamento serán resoltos pola Comisión Organizadora (G.E.S.M.Celtas-F.G.E.).
En caso de mal tempo ou condicións adversas, a Comisión Organizadora resérvase o dereito de cambiar de localización o campamento, aspecto que será comunicado aos participantes con suficiente antelación.

Adxúntase impreso para cubrir a autorización paterna/materna/do titor legal de cada participante como documentación descargable.
Data limite de inscrición:
30/11/2011



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net