Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Espeleoloxia

14 E 15 DE DECEMBRO: CAMPAMENTO SOCIAL DE ESPELEOLOXÍA
14 E 15 DE DECEMBRO: CAMPAMENTO SOCIAL DE ESPELEOLOXÍA
Data:
14/12/2019
Datas: 14-15 decembro 2019 Lugar: Mondoñedo (Lugo)
Saída: Sábado 14 ás 9,30h dende Concheiro (Avda. Madrid)
Regreso: Domingo 15 sobre as 20h en Concheiro.

 Haberá que levar:
-Saco e esterilla
-Utensilios de aseo
-Lanterna frontal
-Equipo de vertical (se se ten)
-Mono de cordura ou tela para a cova. Senón, roupa vella.
-Botas de goma ou calzado vello para a cova
-Roupa e calzado de recambio
-Roupa de abrigo


Os participantes terán que traer a comida do sábado e a do domingo, correndo a cea do sábado e o almorzo do domingo a cargo da organización.

O desprazamento será en coches particulares.

Último día para apuntarse: 10 de decembro!! (martes)

PREZO: a escote. Pagarase directamente esa fin de semana.

Para aqueles que non conten con licenza federativa que cubra a práctica da Espeleoloxía en vigor, poderase tramitar un seguro deportivo que cubre espéleo (6€ socios/10€ non socios).

Se non estás federado pola FGE deberás pagar ademais 6€ pola pernocta no seu refuxio ou 3€ se estás federado por algunha das federacións integrantes da CEC. 

(para consultar as federación integrantes da CEC ir a https://cec-espeleo.com/miembros-cec/).

A organización resérvase o dereito de cambiar o emprazamento por causas administrativas (concesión permiso visita Cova do Rei Cintolo)
Data limite de inscrición:
10/12/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net