Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Cultural e MedioAmbiente

9 DE NOVEMBRO: PEQUEMARCHA-MAGOSTO- ACTIVIDADE MODIFICADA POR MOR DO TEMPO
09 DE NOVEMBRO: PEQUEMARCHA-MAGOSTO
Data:
09/11/2019
DATA: 9 de Novembro
LUGAR: Monte Aloia
COMEZO: 12H no Refuxio do Monte Aloia
REMATE: 18h00 no Refuxio
Debido a previsión metereolóxica imos modificar o programa da pequemarcha-magosto para o sábado.
A cita será ás 12h no Refuxio do Monte Aloia
Se o tempo o permite faremos unha rutiña ata os miradores e a carreira de orientación.
O magosto e chicolate segue en pé, así que non vos esquezades das castañas (200gr por familia, co corte feito), xornais e da cunca para tomar o chocolate
Comeremos todos xuntos no Refuxio (traede a vosa comida) e organizaremos campionatos de xogos de mesa. Podedes traer os que teñades na casa para compartir e xogar todos xuntos.

ATENCIÓN: prazas limitadas. Por orde de inscrición. (que logo o chiculate non chega...)
PREZOS: Nenos socios, 1 (menores de 2 de balde). Non socios: 2€
Adultos socios club: 3€; Non Socios: 5€.

Data limite de inscrición:
07/11/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net