Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Escolas deportivas

ESCOLAS DEPORTIVAS curso 2019-2020. PREINSCRICIÓN E INSCRICIÓN.
ESCOLAS DEPORTIVAS curso 2019-2020. PREINSCRICIÓN E INSCRICIÓN. NON QUEDAN PRAZAS
Data:
26/09/2019
ESCOLAS DEPORTIVAS curso 2019-2020

PRAZAS AGOTADAS!!

A actual Xunta Directiva aposta forte pola formación das nosas socias e socios. Continuamos consolidando as nosas Escolas Deportivas: Escalada para menores e para adultos, Montañismo para adultos, e…seremos capaces este ano de comenzar coa de espeleoloxía?.
Como todos estes anos, as Escolas Deportivas comenzarán o 2 de outubro de 2019 e rematarán o 31 de maio de 2020.
As prazas son limitadas, non deixes pasar a ocasión, preinscríbete!!!

ESCOLAS DEPORTIVAS CURSO 2019/2020. PREINSCRICIÓN ata 13 setembro

ESCALADA
MONTAÑISMO

PREINSCRICIÓN NAS ESCOLAS A TRAVÉS DO CLUB e/ou Concello de Vigo

MONTAÑISMO
- INICIACIÓN adultos (horarios a determinar unha vez constituído o grupo)

ESCALADA:

ADULTOS:
- Iniciación (martes e xoves de 20:00 a 22:00h) COMPLETO
- Entrenamentos (para quen teña realizado o curso de Iniciación nos anteriores anos). Venres, de 19 a 21h. COMPLETO

MENORES:
- De 3 a 5 anos Achegamento ás Escolas Deportivas (mércores de 17:30 a 18:30h) Boulder Club
- De 6 a 7 anos. Achegamento ás Escolas Deportivas (luns de 17:30h a 18:30h) Boulder Club COMPLETO

De 8 a 17 anos, inscribiranse a través das Escolas Municipais de Escalada de Montañeiros Celtas, realizando as inscricións dos grupos de perfeccionamento a través do Club e as de iniciación directamente na web do Concello. Cos seguintes horarios:

Luns
- De 9 a 11 anos en horario de 17:00 a 19:00h: Perfeccionamento 1 (para alumnos do ano pasado) Inscrición a través do Concello.
- De 12 a 17 anos en horario 19:00h a 21:00h: Perfeccionamento 3 (Inscrición a través do Club só para socios con licencia polo Club) COMPLETO

Martes
- De 8 a 11 anos en horario de 17:00 a 19:00h Perfeccionamento 2 (Inscrición a través do Club só para socios con licencia polo Club) COMPLETO
- De 14 a 17 anos en horario de 19:00h a 21:00h Iniciación (Inscrición a través do Concello)

Mércores
- De 8 a 9 anos en horario de 17:00 a 19:00h Iniciación (Inscrición a través do Club só para socios con licencia polo Club) COMPLETO
- De 12 a 17 anos en horario de 19:00 a 21:00h Perfeccionamento 3(Inscrición a través do Club só para socios con licencia polo Club)

Xoves
- De 8 a 13 anos en horario de 17:00 a 19:00h Iniciación (Inscrición a través da web deportes.vigo.org Concello)
- De 12 a 17 anos en horario de 19:00 a 21:00h Perfeccionamento 2 (Inscrición a través deportes.vigo.org Concello)

Para inscribirse a través do Concello seguir o seguinte procedemento:
Alumnas e alumnos que xa estiveran o ano pasado (do 1 ao 8 de setembro)
Entrar na web: deportes.vigo.org
Acceder a Oficina virtual en inscrición de actividades
Acceder co dni e o contrasinal do alumno/a
Renovar actividade (comprobar que está inscrito en Lista de Espera)
Formalizar a inscripción. Realizar o pago.

Alumnas e alumnos NOVOS (do 11 ao 25 de setembro)
Entrar na web: deportes.vigo.org
Acceder a Oficina virtual en inscrición de actividades
Dar de alta a alumna/o que se quere inscribir
Ver actividade e grupo dispoñible
Formalizar inscripción. Realizar o pago.

Tamén poden facerse as inscricións presencialmente nas oficinas do Pavillón de Travesas os seguintes días:
Alumnos/as antigos: 5 e 6 de setembro
Almnos/as novas: 20, 23, 24 e 25 de setembro.

Suxerimos a alumnas e alumnos novos que se dean de alta como socios de Montañeiros Celtas. Igualmente a alumnos e alumnas antigos que ainda non o fixeran, para ter acceso ás demáis convocatorias realizadas polo Club, tanto de escalada como de outras actividades organizadas ao longo do ano.

Para calquera dúbida ou axuda nas inscricións poñerse en contacto coas oficinas.
Dada a dificultade en cuadrar os grupos é posible que haxa algunha modificación de horarios.
As preinscricións a través do Club realizaránse por orden de chegada e unha vez finalizado o prazo porémonos en contacto para que formalicedes a Inscrición.


Data limite de inscrición:
27/09/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net