Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Infantil

23 DE ABRIL: PRESENTACIÓN OPERACIÓN BENXAMÍN
23 DE ABRIL: PRESENTACIÓN OPERACIÓN BENXAMÍN
Data:
23/04/2019
DATA: 23 de abril
HORA: 20h
LUGAR: Local Montañeiros Celtas

Xa chegou de novo a Operación Benxamín, unha actividade formativa dirixida a fomentar a afición ao montañismo.
Un total de 3 fins de semana cheos de actividades, dirixidos a rapaces e rapazas de 8 a 16 anos.
O equipo de monitores e colaboradores conta cunha gran experiencia na programación e realización desta actividade.
Coma sempre, durante o curso os participantes adquirirán experiencia básica en aire libre, convivencia, tradicións e respeto polo medio natural, e iniciación nas destrezas propias do deporte do montañismo.
Se queres iniciarte, ou ampliar a túa experiencia nesta práctica deportiva, que supón un estreito e amplo contacto coa natureza, vivindo experiencias inesquecibles, achégate e fai novos amigos e amigas.

Anótate e acompáñanos nesta nova aventura!

3 Fins de semana:
27 e 28 de abril: Monte Aloia
11 e 12 de maio: O Xurés
25 e 26 de maio: Sanabria

Máis información no documento adxunto.
Prazas limitadas!



Data limite de inscrición:
23/04/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net