Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Actividades das Federacións

7 de abril: III DÍA DO SENDEIRISTA
7 de abril: III DÍA DO SENDEIRISTA
Data:
07/04/2019
Organiza:
Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia
Colabora:
FGM
DATA: 7 de abril
LUGAR: ENTRIMO
SAÍDA: Praza de España ás 8:00h
REGRESO:

III DÍA DO SENDEIRISTA
o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia organiza este ano o III Día do Sendeirista en Entrimo, deixámosvos o seu texto de presentación:
"De novo poñémonos en contacto con vos para facervos chegar máis datos sobre a actividade federativa III Día do Sendeirista, coa que completar toda a información que por parte do noso club temos sobre esta actividade que agardamos sexa do voso agrado.
Adxuntámosvos un mapa do percorrido, que repartiremos entre todos os participantes a esta actividade no lugar da saída. Como podedes ver esta xornada sendeirista terá lugar no Xurés dende a aldea portuguesa de Cainheiras ata a área recreativa “As Perdices” en Entrimo. Nun percorrido de 18.5 km. Rematada a mesma os participantes recibirán un agasallo conmemorativo. Lembrar que é obrigatorio estar federado no 2019".
O prazo para anotarse a esta actividade comeza o mércores día 20 e remata o xoves 4 de abril ás 21h. Agardamos que vos animedes a participación.
Sairá un autobús dende a Praza de España de Vigo, ás 8:00h, polo prezo de 9€."


Data limite de inscrición:
28/03/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net