Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Sendeirismo

14 DE ABRIL: RUTA PARQUE NACIONAL DE PENEDA-GERÊS
14 DE ABRIL: RUTA PARQUE NACIONAL DE PENEDA-GERÊS
Data:
14/04/2019
LUGAR: Parque Nacional da Peneda-Gerês (PNPG), Lamas de Mouro, Melgaço, Portugal
SAÍDA: 9H30
CHEGADA: 20H
O Punto de inicio será a porta do PNPG, Lamas de Mouro, Melgaço, Portugal e o punto final oSantuario da Señora da Peneda, Arcos de Valdevez, Portugal
É unha ruta lineal de dificultade media. Camiñaremos uns 13,3 kim en 6 horas.

O autobús sairá as 9:30 h de Vigo para chegar sobre as 11h a Lamas de Mouro. A ruta percorre terras do PNPG entre penedos rochosos de curiosas formas, fermosas vistas panorámicas e pequenas formacións arbóreas. Comezaremos cunha forte pendente empedrada que ascende das verdes terras de Lamas de Mouro ata os paraxes graníticos da Serra da Peneda. Seguiremos os fitos ata atoparnos co sendeiro dos Romeiros e remataremos baixando un camiño empedrado ata o pobo da Peneda onde poderemos visitar o Santuario da Señora da Peneda e as súas 20 capelas ao longo dunha monumental escalinata. Tamén poderemos visitar algunha das tascas do pobo.
Sobre as 18:30h colleremos o autobús para chegar a Vigo sobre as 20h.

PREZO:
Socio: 12€
Non Socio: 15€
Socios < 30 anos: 6€

Anímate!!!

Data limite de inscrición:
10/04/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net