Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

6 e 7 de ABRIL: XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. ETAPA 1 e 2 SAN CLODIO
6 e 7 de ABRIL: XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. ETAPA 1 e 2 SAN CLODIO
Data:
06/04/2019
DATAS: 6 e 7 de abril
LUGAR: San Clodio (Ribas de Sil - Lugo)
SAÍDA: 8:00h. o día 6 dende o Club
CHEGADA: 20:30h o día 7 ao Club

XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL

Nova do Club: Rematados a Vía Antonino e a ruta dos Faros, logo dun proceso de maduración (a cabesa non para), enfrascámonos nun novo proxecto.

Durante os últimos anos, os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, están a desenvolver un proxecto común para que a UNESCO recoñeza o seu territorio como Xeoparque Mundial da UNESCO. No verán pasado viñeron coñecer dito proxecto os científicos nomeados pola UNESCO e actualmente está pendiente de avaliación final, que parece que farán na reunión a celebrar no vindeiro mes de abril.

Como o Club Montañeiros Celtas non é menos ambicioso, imos desenvolver o noso proxecto no Courel, no seu sentido máis amplo, incluíndo aquelas terras próximas de Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Pobra do Brollón e mesmo Oencia e Vega de Valcárcel.

O desenvolvemento do proxecto de Xeoparque supuxo unha investigación enorme nos valores, sobre todo xeolóxicos, que o territorio posúe, e que pasaban desapercibidos para moitas persoas.

Como será o noso proxecto? Sinxelo. Percorrer todo O Courel. Levaranos algún tempo, quizáis máis de 2 anos. Moitos coñecemos os valores paisaxísticos pois é como unha segunda casa. Pero con este proxecto disfrutaremos dos enormes valores coñecidos que O Courel atesoura, así como de outros valores menos ou nada coñecidos. Así, aos valores paisaxísticos engaderemos os xeolóxicos, etnográficos, históricos, da minería, botánicos,….

Desenvolverase en fins de semana. Comezaremos polo Concello de Ribas de Sil, cos rutas de Xeomirador de A Pómez e minas de O Vogo, O Covallón e A Escrita e baixaremos ata San Pedro (6 abril) e ruta de Castro-A Cubela-Tordeo (7 de abril). Máis adiante subiremos polo Soldón desde o Sil ata o Montouto e A Seara, iremos ao faial de Busmaior, faremos unha ruta polas devesas, da Seara a Seoane, de Brañas da Serra a Visuña, andaremos por Teixeira, Noceda, río Pequeno, devesa de Paderne, ruta do Ferro e ruta do Mamut,… e isto só é unha parte. Vales, cumes, devesas, camiños, bosques,….serán percorridos por Club Montañeiros Celtas como acto de agarimo de disfrute do que O Courel supón para nós.

Ide preparando as botas e mochila, ensaiar as caras de asombro e os sorrisos,… porque ademais completaremos as rutas con visitas e paradas de alto interese cultural (museo xeolóxico de Quiroga, centro de interpretación das covas de Meiraos, centro de interpretación da devesa da Rogueira, xeomiradores, castros, minas,…)

Estades avisados!!!! Asegurarvos que os vosos datos no club están completos e correctos e consultar a web. O que avisa non é traidor.

Prezos
- Autobús:
Socios 28€ (Inscrición ata o día 31 de marzo 25€)
Socios con licencia por outro Club 30 (27€ antes do 31)
Socios menores de 30 anos: 15€
Non socios: 36€ (Inscrición ata o día 31 de marzo 33€)

- Aloxamento: En Pavillón de deportes ou hotel. O prezo do pavillón é de balde por xentileza do Concello de Ribas de Sil. O prezo do hotel: cuarto doble 33€, cuarto individual: 22€.
- Cea do sábado: 9€

Non perdades a ocasión de vivir O Courel!

Data limite de inscrición:
04/04/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net