Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Infantil

16-17 DE MARZO: SAÍDA INVERNAL TREVINCA
16-17 DE MARZO: SAÍDA INVERNAL TREVINCA
Data:
16/03/2019
DATAS: 16-17 de marzo de 2019-
SAÍDA: sábado ás 10:00 horas en Montañeiros Celtas (O lugar habitual)-
CHEGADA: domingo ás 20:00 horas en Montañeiros Celtas (O lugar habitual)-
PREZOS: 35 € socios | 45 € non socios-
-A cea do sábado e o almorzo do domingo están incluídos-
-O resto das COMIDAS NON ESTÁN INCLUÍDAS-

Despois do pasado ano, onde tivemos que anular a saída invernal programada a Trevinca por exceso de neve, retomamos a idea de realizar unha actividade invernal de achegamento á neve. O noso destino neste caso será de novo a serra de Trevinca.

Nos aloxaremos no refuxio da Folerpa, ubicado na casa rural do Trisquel en Vilanova. Está previsto realizar a aproximación ao pico Maluro, que é o inicio da ruta a pena Trevinca dende a ladeira occidental e coñecer o val de Ponte e deixarnos asombrar pola súa incrible paisaxe. De noite, se o tempo o permite realizaremos unha observación de estrelas, xa que Trevinca é un destino starlight acreditado, sendo un lugar ideal para a observación do firmamento pola súa baixa contaminación lumínica.

MATERIAL NECESARIO:

-Saco de durmir-
-Mochila pequena para as rutas-
-Botas, guantes, gorro de abrigo-
-Chuvasqueiro e cazadora ou similar-
-Roupa de abrigo-
-Máis roupa de abrigo-
-Roupa e calzado de reposto completos (1 recambio obrigatorio, 2 recambios aconsellable)-
-Lanterna ou frontal-
-Cantimplora-
-Comidas e merenda para o sábado e domingo, e para as marchas-
-Material de aseo persoal-
-Crema solar-
-Licenza deportiva en vigor (Infórmate no club)-

Data límite de inscrición: 12 de marzo.
Adxuntamos a autorización parental.
Pregámosvos que vos inscrivades vía este link:

Data limite de inscrición:
12/03/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net