Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Cultural e MedioAmbiente

17 DE MARZO: PEQUEMARCHA GALIÑEIRO E BOSQUE DOS NENOS
17 DE MARZO: PEQUEMARCHA GALIÑEIRO E BOSQUE DOS NENOS
Data:
17/03/2019
Data: 17 de marzo
Lugar: Monte Galiñeiro
Hora comenzo: 10,30h en Area de Recreo de Vincios.
Hora remate: 18,00h

Xa queda menos para a agardada primeira Pequemarcha do ano. Como xa vai sendo tradición faremos unha bonita ruta polo Galiñeiro.
Como xa sabedes o noso querido Galiñeiro sufriu moito nos incendios de outubro de 2017, así que en colaboración coa Comunidade de Montes de Vincios imos participar a que os nosos montes volvan ser de cor verde. O proxecto se chama o Bosque dos Nenos, son 6 héctareas de monte nos que se están a plantar árbores e que serán un espacio protexido e un raio de esperanza para o noso futuro.
O clube participará con 50 árbores(castiñeiros, cerdeiras e nogueiras) que plantaremos despois de xantar. Anímamosvos a que os que poidades participedes tamén mercando árbores que poderedes reservar no clube ao prezo de 2€.
A Comunidade de Montes de Vincios dará a tódolos nenos participantes un diploma co nome e coa súa participación no proxecto Bosque dos Nenos. Para isto é imprenscindible anotarse antes do 6 de marzo.

Inscricións ata o día 13 para a pequemarcha.
Inscricións ata o día 6 para o diploma Bosque dos Nenos

Precios:
- nenos menores de 2 anos 0€
- nenos socios: 1 euro
- nenos non socios: 2 euros
- adultos socios con licencia: 1€
- adultos socios sen licencia: 2€
- adultos non socios: 3€
-Árbores(cerdeira, Nogueira ou castiñeiro): 2€ por árbore

E xa sabedes, a revisar que o calzado aínda vos serve, preparar a roupa, avisar á familia e amigos que tedes o día comprometido e ...poñedevos a soñar coa ruta.


Data limite de inscrición:
14/03/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net