Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro
Actividades
Espeleoloxia
02-03 DE MARZO: XORNADAS DE TÉCNICAS VERTICAIS. COBAS-RUBIÁ (OURENSE)
02-03 DE MARZO: XORNADAS DE TÉCNICAS VERTICAIS. COBAS-RUBIÁ (OURENSE)
Data:
02/03/2019
Datas: 2-3 marzo 2019
Lugar: Cobas-Rubiá (Ourense).
Saída: Sábado 2 ás 9,30h dende Concheiro (Avda. Madrid) Regreso: Domingo 3 sobre as 20h diante do club.
Unha oportunidade para practicar as técnicas de progresión vertical que precisaremos nas simas ou covas con pozos que nos podemos atopar no mundo subterráneo. Tamén intentaremos transmitirvos algunhas técnicas de autosocorro.
Haberá que levar:
-Saco e esterilla
-Utensilios de aseo
-Lanterna frontal
-Equipo de vertical (se se ten)
-Mono de cordura ou tela para a cova. Senón, roupa vella.
-Botas de goma ou calzado vello para a cova
-Roupa e calzado de recambio
-Roupa de abrigo
Os participantes terán que traer a comida do sábado e a do domingo, correndo a cea do sábado e o almorzo do domingo a cargo da organización.
O desprazamento será en coches particulares.
Último día para apuntarse: 27 de febreiro!! (mércores). Anotarse no club 986438505, ou a través do email espeleo@celtas.net.
PREZO: 25€
Os federados pola FGM deberán aboar +6€ en concepto de pernocta no refuxio. Para os federados por algunha das federacións pertencentes á CEC, a cuota será de 3€. Para o resto de federados (FGE) a pernocta é gratuíta.
Para aqueles que non conten con licenza federativa que cubra a práctica da Espeleoloxía en vigor, poderase tramitar un seguro deportivo que cubre espéleo (consulta no club o prezo do seguro para esta actividade).