Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Cultural e MedioAmbiente

17 DE NOVEMBRO: PEQUEMARCHA E MAGOSTO NO MONTE ALOIA
17 de Novembro: PEQUEMARCHA E MAGOSTO NO MONTE ALOIA
Data:
17/11/2018
DATA: 17 de Novembro
LUGAR: Monte Aloia
COMEZO: 10H30 na área de Recreo antes de chegar ao Refuxio
REMATE: 18h00 no Refuxio
Esta Pequemarcha é a última da temporada, se o tempo micolóxico o permite faremos outra pequemarcha-cogumelos antes de que remate o ano.
Quedamos ás 10h30 na area de recreo que está antes de chegar ao Refuxio (a estrada que ven do Galiñeiro). Achegarémonos á Macoca para comezar o roteiro ao Castro dos Cubos onde xantaremos ou tomaremos un forte "tenteempé". Despois de xantar teremos a agardada carreira de orientación. E como todo bo magosto se merece remataremos a xornada con castañas, roscón e chocolate, no refuxio.
Para facer todo esto hai que traer (NON ESQUEZADES):
200gr de castañas, por familia, co corte feito para que non estoupen
Unha cunca para tomar o chiculate.
Xornais, para facer cucuruchos. (Papis/mamis, practicade na casa, que logo quedamos fatal)

ATENCIÓN: prazas limitadas. Por orde de inscrición. (que logo o chiculate non chega...)

PREZOS:
Nenos socios, 1 (menores de 2 de balde).
Non socios: 2€
Adultos socios club: 3€;
Non Socios: 5€.

INSCRICIÓN: Ata o xoves 8 de novembro
Por suposto, se os elementos non o permiten. Caso de suspensión ou aprazamento, colgarémolo na web e mandaremovos un e-mail.
Data limite de inscrición:
14/11/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net