Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Sendeirismo

27 e 28 de outubro: CAMIÑO DOS FAROS XI e XII. PRAIA DO ROSTRO - FISTERRE. ÚLTIMA ETAPA
27 e 28 de outubro: CAMIÑO DOS FAROS XI e XII. PRAIA DO ROSTRO - FISTERRE
Data:
27/10/2018
DATAS: 27 e 28 de outubro
LUGAR: Praia do Rostro - Fisterre
SAÍDA: 8:00h. o día 27 dende o Club
CHEGADA: 20:30h o día 28 ao Club

27 e 28 de outubro: CAMIÑO DOS FAROS XI e XII. PRAIA DO ROSTRO - FISTERRE (obxectivo conseguido fin de festa)

Cando comezamos a aventura do Camiño dos Faros, alá polo 25 de febreiro, lonxe quedaba da nosa mente o Faro de Fisterra. Agora, cando quedan 15,8 km, sorrimos co cheira da meta. Atrás quedan pateos variados e espectaculares, visitas cando menos curiosas (históricas, arquitectónicas, etnográficas,…), experiencias que quedarán na nosa memoria, lugares como o campin de Leis, sorpresa que aínda comentamos, compañeiros/as que non coñeciamos,…..
Que nos queda? Máis do mesmo. Praias e acantilados, camiños e balados, … sen que falten un par de repechos para arriba e para abaixo, non moi grandes esta vez.
Cruzaremos a longa praia do Rostro, pasaremos por Castromiñán, ao lado onde asustou o Casón, veremos a praia de Arnela, preciosa pero perigosa para o baño, veremos a praia do Mar de Fóra, subiremos ao monte do Facho e veremos o Facho, ao que chegaremos paseniñamente, pero cun sorriso quilométrico.
Celebrarémolo como se merece.
O domingo faremos algunha visita en liña coas realizadas.

Prezos Autobús: Socios 15€ (Inscrición ata o día 15 de outubro 13€) Non socios: 18€ (Inscrición ata o día 15 de outubro 16€)

Prezos de Aloxamento: Información proximamente
Data limite de inscrición:
24/10/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net