Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Cultural e MedioAmbiente

22 setembro: PEQUEMARCHA MONTEFERRO (Cambiouse do domingo para o sábado)
22 setembro: PEQUEMARCHA MONTEFERRO
Data:
22/09/2018
DATA: 22 de setembro
LUGAR: MONTEFERRO (Nigrán)
HORA comenzo: 10,30h en Monteferro, onde está o monumento
HORA finalización: 18:00h

Cambiouse para o SÁBADO porque o domingo pechan a estrada de Vigo á Ramallosa pola celebración dun Trail e dificultaría o acceso a Monteferro durante 5 horas.

Despois dos calores e baños de verán volvemos a poñer a botas, imos facer unha ruta sen apartarnos moito do mar por se a temperatura ainda permite darnos un baño.
A ruta será circular partindo do monumento á Marina Universal. Rodearemos esta pequena península que forma parte da Red Natura 2000, avistando Cies e as Estelas, entre outras marabillas do noso medio natural.
Xantaremos a 5 minutos de onde deixamos os coches polo que se pode levar o xantar na mochila ou mamá, ou papá, irán a buscala á hora de xantar.
Lembrade o de sempre: calzado e roupa axeitada para camiñar, unha peza de abrigo, gorra, crema solar, auga,...


Inscricións ata o día 20.

Prezos:
- menores de 2 anos 0€
- de 2 anos en diante socios: 1 euro
- de 2 anos en diante non socios: 2 euros
- adultos socios con licencia: 1€
- adultos socios sen licencia: 2€
- adultos non socios: 3€
Data limite de inscrición:
20/09/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net