Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Sendeirismo

15 e 16 de setembro: CAMIÑO DOS FAROS IX e X. MUXÍA - TOURIÑÁN - PRAIA DO ROSTRO. NON QUEDAN PRAZAS
15 e 16 de setembro: CAMIÑO DOS FAROS IX e X. MUXÍA - TOURIÑÁN - PRAIA DO ROSTRO. NON QUEDAN PRAZAS
Data:
12/09/2018
DATA: 15 e 16 de setembro
LUGAR: Muxía - Touriñán - Praia do Rostro
SAÍDA: 8:00 H o día 15
CHEGADA: 20:30 H o día 16

NON QUEDAN PRAZAS!!

Continuamos, logo do verán co Camiño dos Faros, comezando na praia de Lourido (Muxía). Voltamos a zona agreste con ascensos e descensos curtos pero considerables. Pasaremos por Faro Touriñán o lugar máis occidental de Galicia. bordeando ata a pequena e xeitosa Ría de Lires ata achegarnos á fermosísima praia do Rostro xa en Fisterre.
Aloxarémonos no Mosteiro de Moraime restaurado recentemente convertíndoo nun moderno, cómodo e fantástico albergue. Os cuartos distribúense nos seguintes espazos: 2 cuartos de 10 prazas, 1 cuarto de 16 prazas, 1 cuarto de 22 prazas, todas estas con baño compartido. Ademáis 1 suite para 2 dúas persoas e 1 cuarto doble para dúas persoas.
IMPORTANTE!: levar suficiente auga que o sábado non hai onde coller.
Suxestión!: Levade pantalóns longos que hai moito toxo e tamén bañador (é posible que crucemos a ría de Lires en marea baixa)

Non deixes pasar o tempo que despois non quedan prazas!!!

Prezos:
- Autobús: Socios 15€ (Inscrición ata o día 10 de setembro 13€) Non socios: 18€ (Inscrición ata o día 10 de setembro 16€)
- Aloxamento e almorzo: Litera: 13€, suite 75€, cuarto doble 65€ (Inclúe o almorzo)
- Cea no propio albergue: 12€
Data limite de inscrición:
12/09/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net