Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Bici de Montaña

27 maio. BICI DE MONTAÑA: BAÑOS DE MOLGAS
27 maio. BICI DE MONTAÑA: BAÑOS DE MOLGAS
Data:
27/05/2018
DATA: 27 maio
LUGAR: Baños de Molgas (Ourense)
SAÍDA: 8:30 desde Concheiro
CHEGADA: 19:00 chegada a Vigo

Saída de bici de montaña por terras ourensanas. O noso compañeiro Xabi tennos preparada un bonita ruta polos concellos de Taboadela, Baños de Molgas e Maceda, visitando restos romanos e megalíticos.
O percorrido é circular con saída e chegada ao mesmo punto (que será o escollido para comer) e unhas 6 horas de duración estimada. Para ver indicacións do punto de saída mirade o enlace.
Para os que saen de Vigo, organizaremos para compartir coches e saírmos todos xuntos desde Concheiro.
Ao finalizar hai comida reservada (xabarín e outras esquisiteces da terra), pero hai que anotarse previamente.
Data limite de inscrición:
24/05/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net