Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Sendeirismo

21 e 22 de abril: CAMIÑO DOS FAROS III E IV. CORME - CABANA - LAXE. XA NON QUEDAN PRAZAS
21 e 22 de abril: CAMIÑO DOS FAROS III E IV. CORME - CABANA - LAXE. XA NON QUEDAN PRAZAS
Data:
22/04/2018
DATAS: 21 e 22 de abril
LUGAR: Corme - Laxe (A Coruña)
SAÍDA: o 21 ás 8:00 h dende o Club
CHEGADA: o 22 ás 20:30 h a Vigo

XA NON QUEDAN PRAZAS

Logo das 2 primeiras etapas, es-pec-ta-cu-la-res, afrontaremos unha de fin de semana: Corme-Cabana e Cabana-Laxe. Serán etapas bordeando a ría de Corme e Laxe, sobre 18 km, con apenas desniveis. Suaves. Nestas etapas seguimos o percorrido dos Trasnos só pola costa, pero visitaremos o Castro de Borneiro e o dolmen de Dombate. Atravesamos as marismas do Anllóns lugar de especial interés para as aves, asi que podemos avistalas, e con prismáticos incluso mellor.
Está prevista a dormida en Cabana de Bergantiños, ao lado de onde remata a etapa do sábado: hotel ou Pavillón de Deportes. Cea e almorzo para quen queira (+ info no club).
Aqueles que non teñan disponibilidade os dous días, poden incorporarse, nesta oasión, o sábado pola noite ou domingo pola mañá, viaxando pola súa conta (+ info no club).

Prezos Autobús:
Socios 14€ (Inscrición ata o día 13 de abril 12€)
Non socios: 17€ (Inscrición ata o día 13 de abril 15€)
Prezos de Aloxamento: Información no Club

Anímate!!!
Data limite de inscrición:
18/04/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net