Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

17-18 de marzo. TRAVESÍA DE MONTAÑA INVERNAL EN PEÑA UBIÑA.
17-18 de marzo. TRAVESÍA DE MONTAÑA INVERNAL EN PEÑA UBIÑA.
Data:
17/03/2018
DATAS: 17-18 marzo
LUGAR: Peña Ubiña (León)
SAÍDA: venres 16 de marzoa partir das 16:00
CHEGADA: domingo 18 de marzo en torno ás 21:00

Saída de montaña invernal na zona dos Ubiñas en León para a que é necesario ter licenza federativa que cubra actividades de montaña e ter experiencia na utilización de crampóns e piolet.
Sairemos o venres pola tarde, empregando coches particulares, para durmir en Huergas de Babia.
O sábado subiremos desde Torrebarrio ao Peña Ubiña e de alí dirixirémonos ao refuxio do Meicín, onde pasaremos noite. O refuxio serve cea e almorzo (Prezo: 15 € durmir, 15 € cea e 5 € almorzo).
O domingo proseguiremos ruta para rematar en Torrebarrio, onde recolleremos os coches e inciaremos camiño de volta a casa.

NOTA:
Para o desprazamento organizaremos para que os participantes compartan coche.
Número de prazas limitado a 12 persoas.
É necesario contar con licenza ou seguro que cubra a actividade de montaña e experiencia no manexo de crampóns e piolet.
Ao realizar a inscrición é necesario que digades se colledes cea e almorzo.
Data limite de inscrición:
14/03/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net