Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

28 marzo-1 abril. SEMANA SANTA: SERRA NEVADA
28 marzo-1 abril. SEMANA SANTA: SERRA NEVADA
Data:
28/03/2018
DATAS: 28 marzo- 1 abril
LUGAR: Sierra Nevada (Granada)
SAÍDA: 27 marzo ás 23:00 desde Avda. das Camelias
CHEGADA: 1 abril en torno ás 12:00

ACTIVIDADES
28 marzo (mércores):
Actividade de sendeiro
29 marzo (xoves);
Sendeiro de Vereda de la Estrella
Inicio travesía polos cumios de Sierra Nevada (coincidindo o inicio cos do sendeiro), facendo o primeiro vivac na Lagoa das Moscas.
30 de marzo (venres)
Sendeiro do Río Maitena
Continuación travesía polos cumios de Serra Nevada: Lagoa da Mosca-Collado del Ciervo-Mulhacen-Refuxio de la Caldera.
31 marzo (sábado)
Sendeiro de subida al Cerro de Los Machos
Finalización travesía: Refuxio de la Caldera-Veleta-Hoya de la Mora
Autobús de retorno a Vigo

INSCRICIÓN E PAGO:
• As persoas que se inscriban antes do 23 de febreiro teñen desconto no prezo do bus e no bungalow, tendo que facer un pago de 80 € coa inscrición e o resto antes do 27 de febreiro.
• As persoas que se inscriban despois do 24 de febreiro teñen que facer un primeiro pago de 90 € coa inscrición e o resto antes do 21 de marzo.
PREZOS

BUS:
• Socios: 105 € (para as persoas que se inscriban antes do 23 de febreiro o prezo é de 95 €)
• Non socios: 124 € (para as persoas que se inscriban antes do 23 de febreiro o prezo é de 114 €)

ALOXAMENTO (Campíng las Lomas- Guejar de la Sierra):
• Bungalow (equipados con cociña con menaxe, roupa de cama e baño):
Prezo: 63 euros por persoa (3 noites só durmir). Para as persoas que se inscriban antes do 23 de febreiro o prezo é de 60 euros por persoa (3 noites só durmir)
Equipados con Cuarto de estar-cociña, cociña con menaxe, frigorífico, microondas, roupa de cama, cuarto de baño con lavabo, w.c, prato de ducha, porche, auga quente, TV e calefacción.
• Cámping
Tenda ------------------------------------------- 4 € por noite
Persoa ------------------------------------------ 7 € por persoa e noite

Este cámping está situado en plena natureza a 1.200 metros de altitude, distando 15 km de Granada cidade e 27 km das pistas da estación de esquí de Sierra Nevada.

NOTA:
• Límite de prazas: 40
• Último día de inscrición: 21 de marzo
Data limite de inscrición:
21/03/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net